Información
Ourense

Baltar asina o decreto de convocatoria do pleno do "Debate sobre o estado da provincia"

Información
23 Octubre 2018 444 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ourense, 22 de outubro de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou hoxe o decreto de convocatoria para a celebración da sesión plenaria extraordinaria que terá como único punto da orde do día o "Debate sobre estado da provincia de Ourense" correspondente ao ano 2018, que a Corporación Provincial celebrará o vindeiro 6 de novembro, ás 10.00 horas, no Salón de Plenos do Pazo Provincial. Os grupos políticos teñen de prazo ata o 31 de outubro para presentar as propostas de resolución que se presentarán no plenario.

 

Este será o cuarto debate sobre o estado da provincia, tralos celebrados en 2014, 2016 e 2017 –en 2015 non se celebrou por coincidir en período pre-electoral-, sendo a Deputación de Ourense o primeiro goberno provincial de Galicia e un dos primeiros de España en realizar un debate destas características.

Esta iniciativa, contemplada no Código Ético e de Conduta da institución provincial, "incide no compromiso de goberno aberto e transparencia coa cidadanía da Deputación de Ourense, por medio dun debate plenario para analizar a situación actual da provincia de Ourense e os proxectos e propostas que os grupos políticos na corporación provincial teñen para a nosa provincia", afirma Manuel Baltar.

No pleno do debate, cada grupo político poderá formular ata un máximo de 10 propostas de resolución. O debate abrirase cunha intervención da Presidencia por un tempo máximo de 30 minutos, e a continuación, cada grupo político disporá de 15 minutos de intervención para a formulación de réplica á intervención do presidente e defensa das propostas de resolución presentadas.

A orde de intervención dos grupos estará determinada polo número de deputados cos que conten, intervindo en primeiro lugar o Grupo do BNG, seguido do Grupo de Democracia Ourensana, do Grupo Socialista e do Grupo Popular. Concluídas as intervencións dos grupos suspenderase o pleno por espazo de 30 minutos, durante os cales os portavoces poderán reunirse para negociar os posibles acordos respecto das propostas de resolución.

O Pleno continuará cunha quenda de dúplica do presidente por un tempo máximo de 10 minutos, á que seguirá unha quenda de redúplica dos grupos políticos por un tempo máximo de 5 minutos cada un, coa mesma orde de intervención que a quenda de réplica. O debate pecharase cunha intervención do presidente por un tempo máximo de 5 minutos, e unha vez concluído o debate procederase á votación individual das propostas de resolución presentadas, incluíndo as emendas que se acordasen ao respecto.

O debate sobre o "Estado da Provincia", como acontece cos plenos ordinarios, será retransmitido en directo a través da páxina web da Deputación de Ourense, para que poida ser seguido pola cidadanía desde calquera localización.

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)