Información
Ourense

"As San Lucas" de Mondoñedo, a festa máis antiga de Galicia

Información
05 Octubre 2018 1960 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Manuel Baltar; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; e o presidente da asociación cultural "As San Lucas", Miguel Souto, presentaron hoxe no centro cultural "Marcos Valcárcel" a edición 2018 da feira "As San Lucas", "a festa máis antiga de Galicia e unha das de maior traxectoria en Europa, que destaca pola súa excelencia cultural, situándose como un referente etnográfico e da cultural popular", expresou o presidente do goberno provincial. Este evento, que leva celebrándose desde o século XII en Mondoñedo, preséntase nas principais cidades galegas "para promover o patrimonio inmaterial e este legado etnográfico secular", dixo Elena Candia.

 

O programa da festa, que se celebra en Mondoñedo do 17 ao 21 de outubro, pretende chegar a todos os públicos combinando tradición e modernidade. Miguel Souto subliñou que "as San Lucas son feira, festa, cultura e tradición". O pregón correrá a cargo do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e terá lugar o mércores 17.

Entre as actividades atópase a celebración dun dos principais espectáculos de doma nocturna, o primeiro que se alberga en Galicia. Este espectáculo desenvolverase na feira máis antiga de Galicia e na praza da Catedral, fronte ao monumento declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

A programación recolle ademais a tradicional chegada dos cabalos polas rúas empedradas da cidade ata a feira e o seu paso pola praza da Catedral, a actuación de Quico Cadaval, o encontro folclórico, teatro, un concurso de andadura galega, morfolóxico de cabalos e de trote, demostracións de ferrado e forxa, a segunda xuntanza de tractores clásicos e a homenaxe a Pascual Veiga

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....