Información
Ourense

Alumnos do Instituto "Santiago Apóstol" de Bos Aires visitan a Deputación de Ourense

Información
03 Octubre 2018 397 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Pazo Provincial a preto de vinte alumnos do Instituto arxentino-galego "Santiago Apóstol" de Bos Aires quen, xunto cos seus profesores, están a realizar unha viaxe de estudos a Galicia. Na súa visita á Deputación estiveron acompañados polo presidente do PEN Galicia, Luís González Tosar, e foron recibidos no Salón de Plenos polo vicepresidente provincial, quen lles explicou a organización da corporación, o funcionamento da institución e os servizos que presta aos concellos e cidadáns. Así mesmo, Rosendo Fernández lembroulles a estreita relación que mantén a provincia de Ourense coa emigración, destacando "os lazos entrañables de familiaridade entre a "quinta provincia" de Galicia (Arxentina) e Ourense, terra por antonomasia de emigración".

Otros articulos relacionados.....