O BNG demanda explicacións polo Rallye nas Serras de Manzaneda con epicentro na Estación de Montaña.

Información
Ourense | 21 Octubre 2021 | 798 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Bernardo Varela Voceiro do Grupo Provincial do BNG Bernardo Varela traslada á Comisión de Transparecia do ente provincial o acontecido co Rallye “Hispania Rally 2021” no que a Deputación consta como promotora e cofinanciadora e que finalmente foi paralizado polos Axentes da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza.

 

Ourense, 21 de outubro de 2021. O voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, ven de esixir explicacións na comisión de Transparencia e Administración Provincial pola promoción da entidade a un evento carente dos permisos pertinentes e mesmo demanda explicacións ante a posibilidade de calquer colaboración económica cos organizadores.

Na páxina oficial do evento https://hispaniarally.eu/, onde non aparecen datos da empresa, afirman que contan co apoio das autoridades locais e mesmo  citan unhas verbas de apoio do Presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, que refrendaría este Rallye como unha actividade que “combina o aspecto deportivo coa naturaza para promover a estación de Manzaneda…”

O voceiro do BNG tamén demandou explicacións a cerca de como é posible que un evento programado entre o 16 eo 22 outubro e desta magnitude, cunha participación de máis de cen vehículos a motor segundo a propia organización, non se paralizase até pasados dous días do seu inicio, a persar da existencia de varias denuncias feitas e rexistradas con antelación, por parte de entidades de diversa índole, as últimas este pasado sábado 16 de outubro.

 Para o BNG non é normal que as institucións públicas encargadas de velar polo patrimonio non só non preveñan a ilegalidade se non que a divulguen, patrocinen e respalden, “razón pola demandamos esclarecer o papel da institución provincial nestes feitos” indicou Varela.