Información
Ourense

Baltar o mesmo día que Feijóo anuncia as eleccións se mexa na convocatoria e anuncia o programa provincial de entroidos: 353 actividades en 45 pobos, vilas e concellos que para seu equipo e mais importante que o dos Peares

Información
11 Febrero 2020 747 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 Ourense presentou hoxe no auditorio municipal Cartelle, en Outomuro, o programa provincial de entroidos 2020, que abrangue un total de 353 actividades que se desenvolverán desde mañá, 12 de febreiro, ata o 1 de marzo en 45 pobos, vilas e concellos da provincia de Ourense. No acto de presentación, que contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado do alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, o presidente do goberno provincial destacou "o gran escaparate etnográfico que supón o noso entroido" ao que cualificou de "gran parque temático de cultura e tradición da nosa provincia".

 

Baltar dixo que o entroido "é unha das nosas grandes riquezas etnográficas", salientado que Galicia ten nove entroidos declarados de interese turístico e sete deles están na provincia de Ourense, e ademais do triángulo de Laza, Verín e Xinzo, cos seus carnavais de repercusión nacional e internacional, temos en lugares como Cartelle entroidos tan senlleiros como os de Sande ou As Teixugueiras", con personaxes básicos como as Bonitas, o Oso Salvaxe ou o Meco. "Estes o moitos exemplos máis representan a mostra da tradición, a idiosincrasia e as costumes dun pobo, o ourensán, que se transforma nesta data, como reflicte o programa que presentamos, un compromiso da Deputación por promover e difundir o noso entroido".

Do programa provincial de entroidos, que desenvolve a Deputación de Ourense, editaranse un mínimo de dez mil exemplares e preto de mil carteis, que serán distribuídos en concellos, entidades turísticas e establecementos de hostalería, xunto cun vídeo promocional, que se emitirá en televisión e que se difundirá nas redes sociais, "para darlle todo o relevo que merece esta festa, inherente á nosa alma como pobo", expresou Manuel Baltar.

"Todas as administracións temos que apoiar esta experiencia de encontro coas nosas tradicións seculares, que van pasando de xeración en xeración para mantense vivas e que paga a pena conservar", salientou Baltar, remarcando que "así de importante é o noso carnaval; somos unha provincia de entroido. Por suposto, temos unha riqueza paisaxística, monumental, natural, gastronómica e cultural, e a nosa condición de provincia co maior potencial termal de Europa, pero o entroido amosa a conexión plena da xente, e desde o lugar máis pequeno, que é o lugar máis grande, a nosa provincia transmite esa herdanza de historia e tradición".

O presidente considera que o entroido vai ser unha das cuestións que forme parte dese escaparate de Ourense "cando esteamos a pouco máis de dúas horas de Madrid, sendo a porta de entrada a Galicia da Alta Velocidade. Temos moitas razóns para presumir, e esta é unha delas: o noso carnaval", e lembrou que "seguimos traballando para que o noso entroido sexa patrimonio inmaterial pola Unesco, é unha cuestión que ninguén pode dubidar, que a nosa etnografía merece tamén ese recoñecemento, e farémolo da man de todos cantos saben vivir e proxectar os valores do noso entroido".

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....