Información
Ourense

Ánxeles Cuña: "Os Orzamentos da Deputación de Ourense non atenden as necesidades esenciais da provincia"

Información
30 Octubre 2019 660 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ánxeles Cuña, durante unha intervención no Parlamento

Ánxeles Cuña: "Os Orzamentos da Deputación de Ourense non atenden as necesidades esenciais da provincia"

 


Audio: https://drive.google.com/file/d/1GXUV8b0CdCm0p_nLveKie3NXO_aeQYHE/view?usp=sharing


O Grupo Común da Esquerda sinala que Baltar representa “un proxecto vello, estancado e que non funciona”

Ourense, 30 de outubro de 2019.- A deputada do Grupo Común da Esquerda, Ánxeles Cuña, sinalou este mércores que os Orzamentos da da Deputación de Ourense non atenden as necesidades esenciais da provincia. O presidente provincial, José Luis Baltar, comparece mañá xoves no Parlamento galego, onde Cuña realizará “moitas preguntas con respecto ao nivel de execución dun proxecto vello, estancado, que non funciona e que non saca a esta provincia da pobreza na que está inmersa”. "Ourense é vítima do desleixo, das relacións clientelares e da erosión da confianza da cidadanía na administración provincial, que dan pé ao nepotismo e o despilfarro, impoñéndose os criterios privados e a distribución discrecional", sinalou a deputada. "Convidamos a consultar os datos da EPA, do IGE ou da Rede Galega de Loita Contra a Pobreza para coñecer a realidade".

Para Ánxeles Cuña, o incremento de 3 millóns de euros, que se publicita “como a máxima cantidade de todos os tempos, debera ser motivo de alegría, pero a nós suscítanos unha pregunta importante: para que?”. Así, lembrou que “se facemos unha análise dos 32 anos da Saga Baltar, veremos en todo este tempo xestionou 2.000 millóns de euros. Máis de 1.200 millóns foron aos capítulos I e II, que son os de Persoal e Mantemento”. 

Visto isto, a deputada preguntouse “canto Orzamento queda para outras cuestións nun contexto de crise, devalo demográfico, empobrecemento poboacional e falta de investimento en xeración de emprego nunha provincia malversada durante tanto tempo e que require tanta axuda a nivel social? A Deputación de Ourense ten a encomenda fundamental de atender aos núcleos poboacionais de 20.000 habitantes e á área social”. 

Non obstante, Cuña apuntou que “detectamos que hai moi pouco investimento e que a maioría do Orzamento vai destinado a eses dous capítulos, cando aspectos esenciais como os servizos sociais, a atención á agricultura ou o investimento na xeración de emprego están moi minguados”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+