Información
Ourense

Del "gallinero" y la tv personal para insultar a los negocios compartidos y es que la política es lo que es....!

Información
22 Agosto 2019 859 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • A 24ª edición do Ourense Film Festival celebrarase do 27 de setembro ao 5 de outubro e a súa sede oficial será o centro cultural "Marcos Valcárcel".
  •  
  • Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome, reunidos hoxe no Pazo Provincial, acordaron a cesión permanente da organización do Festival á institución provincial.

Ourense, 22 de agosto de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantiveron hoxe unha reunión no Pazo Provincial, na que acordaron iniciar os trámites para que a Deputación de Ourense asuma, de xeito permanente, a organización do Ourense Film Festival (OUFF). "Trátase dun reto que desde o goberno provincial asumimos con ganas e ilusión logo de organizar a 23ª edición do Festival en tempo récord e conseguir, pese a iso, que fora un éxito mediático, de público e crítica", dixo Manuel Baltar.

O presidente da Deputación de Ourense lembrou que a pasada edición do festival demostrou ser "unha das mellores celebradas ata o momento, pola calidade das obras e da programación, e continuaremos a traballar nesa mesma liña para situar a Ourense como capital do cinema". Neste mesmo sentido, Manuel Baltar salientou a importancia de organizar este evento "de promoción audiovisual para a provincia de Ourense", porque o obxectivo é "achegar tamén o cinema, ademais da cidade, a diferentes localidades da provincia, con actividades relacionadas co sétimo arte como son presentación de libros, exposicións fotográficas, obradoiros, entre outras".

O Ourense Film Festival é "un dos grandes proxectos da Deputación de Ourense e continuaremos a traballar para convertelo nun dos mellores festivais de cine de España", engadiu Baltar. A 24ª edición do OUFF celebrarase do 27 de setembro ao 5 de outubro e a súa sede oficial será o centro cultural "Marcos Valcárcel".

Durante o transcurso da mesma entregarase a Calpurnia de Honra Internacional desta edición ao actor francés de orixe ourensá José García, en recoñecemento a súa carreira no mundo da interpretación. Asemade, o director ourensán Norberto López Amado será galardoado co Premio Ourense, un dos máis arraigados na historia do Ourense Film Festival e que nesta 24ª edición quere homenaxear a traxectoria e o traballo de Norberto López Amado.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....