Información
Ourense

Sr Feijóo siguen as festas do viño onde non contan con Usted, outra vez se lle adianta Baltar na Festa da Vendima de Leiro, escaparate do viño do Ribeiro

Información
20 Agosto 2019 410 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

  • A Deputación de Ourense colabora coa 30ª edición desta celebración que terá lugar os días 24 e 25 de agosto.
  • Feijóo xa non é invitado a ningún evento na provincia de Ourense, estase perdendo os pementos, os viños, as cunetas rasuradas, os catamaráns da Ribeira Sacra... Soo lle quedan e non por moito tempo o seus trono dos Peares...

Ourense, 20 de agosto de 2019.- A Festa da Vendima de Leiro cumpre 30 edicións como escaparate do viño do Ribeiro, produto esencial na economía da comarca e particularmente do municipio de Leiro. A presentación desta tradicional celebración tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde e o concelleiro de Cultura de Leiro, Francisco José Fernández e Ramón Álvarez; e o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares.

 

A Deputación de Ourense colabora con esta celebración que "transcende o aspecto puramente festivo para converterse nunha canle de divulgación e promoción económica dos recursos endóxenos do Concello de Leiro", dixo Rosendo Fernández, quen sinalou que "en Leiro o viño faise festa e a festa faise viño, pero sen a vendima non habería nin festa nin viño".

Así mesmo, Rosendo Fernández destacou o papel da veciñanza nesta celebración "participando de forma activa nesta festa de exaltación do proceso da vendima que ofrece aos asistentes un amplo e variado programa de actividades que conta cunha parte didáctica no desfile das carrozas, no que se escenifica todo ese proceso da vendima".

O alcalde de Leiro, quen agradeceu o apoio da Deputación de Ourense, lembrou que se trata dunha "festa de homenaxe á xente que vive por e para o viño" e explicou que a aposta do Concello con esta celebración ten como obxectivo "revitalizar o noso produto estrela e auténtico motor do municipio: o viño". Neste mesmo sentido, Juan Manuel Casares felicitou ao municipio de Leiro por ser capaz de "innovar e manter a identidade do municipio" nesta celebración que "naceu no ano 1963 e que, polo tanto, é un ano máis antiga ca propia Feira do Viño do Ribeiro". Ademais, o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro dixo que "o futuro da comarca vitivinícola do Ribeiro baséase, en parte, na colaboración de tódolos axentes".

Programa

A programación da festa comezará, segundo explicou o concelleiro de Cultura de Leiro, o sábado 24 de agosto, coas atraccións infantís ás 17.00 horas e, posteriormente, a partir das 22.30 horas celebrarase o "Vendima Rock" no Salgueiral. O domingo 25 de agosto, a festa dará comezo ás 10.00 horas coa recepción de acios a concurso que posteriormente serán expostos. O concurso de Acios de tintos e brancos, que só admite variedades autóctonas do Ribeiro, outorgará premios dotados con 90 euros o primeiro, 60 euros o segundo e 30 euros o terceiro premio.

Ás 11.30 horas será a benvida ás autoridades e convidados na Casa do Concello, para continuar ás 12.00 horas coa lectura do pregón na praza do Cruceiro que nesta edición correrá a cargo de Mariano Rajoy Brey. Ás 12.30 horas terá lugar o tradicional desfile de Carrozas e Charangas desde a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira, así como a 3ª edición da Mostra de coches clásicos. Un dos actos máis populares da festa é o concurso e desfile de carrozas, unha exposición que mostra as tarefas propias da vendima. O concurso recolle, na categoría de adultos, un primeiro premio dotado con 1.000 euros, o segundo premio de 750 euros, o terceiro premio é de 600 euros, e 400 euros por participar no concurso. Na categoría infantil, os premios van dos 400 euros ó primeiro, 300 euros ó segundo, 200 euros ó terceiro e aos 50 euros por participar.

A partir das 14.00 horas haberá varias actividades instaladas no Salgueiral como o XVI Mercado Artesanal e a 2ª Mostra dos Viños de Leiro e, ás 14.30 horas, comezará o xantar popular. Pola tarde retomaranse as actividades ás 16.30 horas coa entrega de premios aos gañadores dos concursos de Acios e Carrozas e continuarán as actividades infantís e a festa no Salgueiral. O deporte chegará ás 17.45 horas co partido de presentación do C.F. Leiro. Ás 20.00 horas será o concerto de Corais da Vendima e ás 21.00 horas pechará a xornada festiva unha actuación musical.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+