Información
Ourense

Jácome abre o grifo das obras faraónicas desbloqueando a licenza do edificio do Campus da Auga

Información
06 Agosto 2019 234 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Concello de Ourense desbloqueou o proceso para a concesión de licenza urbanística de obra en vía de legalización para o proxecto do edificio 'Campus da Auga', no Campus Universitario de Ourense da Universidade de Vigo. A concesión de licenza farase efectiva no reunión da Xunta de Goberno Local deste xoves, 8 de agosto, como así lle foi comunicado polo alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, ao reitor da Universidade de Vigo, esta mesma mañá.

 

Esta cuestión planeárase no encontro que tivo lugar na alcaldía, no que o propio Manuel Reigosa amosara a necesidade de resolver unha situación derivada dun procedemento administrativo. Solventadas a eivas no tocante á documentación requirida polo Concello, axilizouse toda a tramitación.

Neste sentido, o alcalde puxo en valor o traballo realizado pola concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, xa que se convertera “no principal reto a curto prazo”, e quixo ter un especial recoñecemento para o persoal do seu departamento, xa que se precisaba resolver antes do mes de setembro, en pleno período de vacacións, o que permitirá que os alumnos poidan contar cos seus laboratorios.

A concelleira de Urbanismo tamén quixo valorar “o feito de que se poida desbloquear a situación planeada”, co que se vén demostrar o traballo que leva o novo goberno, formado por un gran equipo, para darlles resposta a todas aquelas cuestións que están pendentes”, tentando reducir o tempo para que se poidan desenvolver proxectos que están en marcha, tanto no tocante ás licenzas que lle competen ao concello, como na actuación no ámbito público.

Un proxecto de máis de tres millóns

O edificio 'Campus da Auga' está composto de planta semisoto para garaxe, rocho e elementos comúns; planta baixa para laboratorio, rocho, conserxería e elementos comúns; planta primeira e segunda para despachos, laboratorios e elementos comúns; e planta terceira para despachos e elementos comúns, consonte o proxecto de legalización redactado polo arquitecto Marcos Domínguez de Diego, cun orzamento de execución material de 3.165.413,91 euros.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+