"O ADIANTO ELECTORAL, PRODÚCESE PORQUE O PSOE COMPRA A MENSAXE DA DEREITA CENTRALISTA".

Información
Elecciones de Galicia | 15 Febrero 2019 | 2868 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

O PSOE NON PROPÓN NIN UNHA SOA MEDIA ESTRUCTURAL PARA MELLORAR O BENESTAR DOS GALEGOS. PARA OS GALEGUISTAS O ADIANTO ELECTORAL DE ABRIL É UNHA OPORTUNIDADE: O VOTO É DA XENTE.

O SECRETARIO XERAL GALEGUISTA, JUAN CARLOS PIÑEIRO, SINALA QUE "TOCA FACER POLÍTICA, É HORA DE QUE OS MEDIOCRES VOLTEN PARA CASA, OS GALEGOS E GALEGAS MERECEN TER VOZ DE SEU, CENTRADA E QUE ACREDITE EN ESTAR DENTRO DO ESTADO E DENTRO DE EUROPA"

 

Para o noso País non vale a mensaxe da perda de avances sociais por non aprobar estes presupostos, iso é unha mentira para o noso pobo. Os orzamentos de PSOE e Podemos marxinaban as inversións en Galicia do estado, os deputados de En Marea apoiaron uns presupostos indignos para a cidadania galega.

Compromiso por Galicia sinala que é o tempo de Galicia, xurde unha oportunidade para que o peso de Galicia dentro do estado teña unha forza que represente exclusivamente o mellor para os galegos e o seu benestar, dentro dun estado no que politicamente nunca contamos cos representates anteriores nas negociacións importantes.

NON EXISTIRÁ NINGUNHA MAIORIA CLARA; SEGUNDO PARECEN INDICAR TODOS OS DATOS; NAS VINDEIRAS CORTES XERAIS, CADA ESCANO VAI SER FUNDAMENTAL, É O TEMPO DE GALICIA, O GALEGUISMO VAI CHEGAR A MADRID”.

Para CxG, Galicia ten que aproveitar esta nova oportunidade e ten que meter o fuciño nesta convocatoria adiantada; é hora da Galicia de lei e de rematarmos coa Galicia da choreira e a Galicia de mendigar que vai recollendo as esmolas do estado. Piñeiro Docampo comenta que “A Galicia, nestas horas, chegoulle o momento de que teña o seu propio peso político no estado; ou é de desta ou non é."

VIMOS DUNHA LEXISLATURA QUE É A DA INDIGNIDADE PARA GALICIA, TEMOS QUE RENOVAR O COMPROMISO POLÍTICO DOS GALEGOS DENTRO DO ESTADO E SOMOS A FERRAMENTA AUTÉNTICA PARA DARLLE VALOR REAL A GALICIA DENTRO DA POLÍTICA ESTATAL.”

O secretario xeral galeguista, Juan Carlos Piñeiro, subliña a importancia de ter representación propia no próximo Congreso e Senado xa que segundo todos os indicadores apuntan estes serán formados por múltiples forzas políticas, o que dará a cada escano, en ambas cámaras, unha forza como poucas veces antes temos visto na hora de formar maiorias.