Imprimir

ASISTIMOS AO ACTO FINAL DA INDIGNIDADE PARA GALICIA

Información
Elecciones de Galicia | 14 Febrero 2019 | 3363 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

JUAN CARLOS PIÑEIRO DOCAMPO, SECRETARIO XERAL DE COMPROMISO POR GALICIA, APUNTA A QUE ESTES PRESUPOSTOS XERAIS DO ESTADO SIGNIFICABAN UNHA AFRONTA PARA TODA A VECIÑANZA GALEGA.

O PSOE E EN MAREA REALIZARON HOXE EN SEDE PARLAMENTARIA O DERRADEIRO ACTO DO SAINETE NO QUE TEÑEN METIDO A GALICIA CUNS PRESUPOSTOS NOS QUE ASISTIMOS AO ACTO FINAL DESTA LEXISLATURA QUE FOI A DA INDIGNIDADE PARA GALICIA.

Para os galeguistas, o problema destes presupostos, que chaman como os da “indignidade con Galicia” é que non contan para nada as necesidades dos mais de 2,5 millóns de galegos e galegas nas contas deste goberno. Para mais disto, ollamos como o suposto grupo que ia defender os intereses galegos no Congreso dos deputados está mais preocupado polas suas leas internas que por facer política. 


Piñeiro Docampo: “Os galeguistas de Compromiso por Galicia somos o partido que con centro de decisión exclusivamente en Galicia podemos defender as políticas de benestar e creación de riqueza no noso País, sen servilismos e sen cheques en branco aos partidos centralistas”.

Segundo o secretario xeral dos galeguistas, Compromiso por Galicia é a forza necesaria para que Galicia conte e sume dentro do estado español, xa que os actuais actores políticos galegos, non representan, nen defenden, os intereses do pobo galego nas Cortes Xerais, unicamente procuran defender a sua política partidista; as nacións sen estado temos que ter forzas políticas que defendan os nosos intereses.

Temos que procurar un maior autogoberno e desenvolver o noso Estatuto de Autonomia, somos o único País do mundo onde levamos case 40 anos para desenvolver e facer efectiva unha lei.

Continua Piñeiro Docampo apuntando como o deseño do estado ten moitas eivas, unha delas é o inmobilismo do desenvolvemento do Estatuto de Autonomia, que no caso de Galicia vai facer 40 que foi aprobado e continuan sen seren efectivos os mais dos seus artigos; “Galicia debe ser o único País do mundo que leva 40 anos para implantar unha lei aprobada e refrendada”. Moitos dos nosos problemas económicos e sociais, derivan ao final da nosa dependencia en moitas das competencias que temos asignadas no Estatuto pero que continuan en mans do estado central. Galicia sufre as consecuencias do cativismo dos seus actuais representantes políticos e da sua indignidade para co pobo galego. 

Compromiso por Galicia.

Categoría: Elecciones de Galicia
Visto: 3363