Información
Elecciones municipales de Galicia

Aitor Bouza: “ Pedro Sánchez é o único que pode loitar contra ese monstro de tres cabezas rancio, trasnoitado e cavernícola”

Información
04 Abril 2019 140 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral dixo que “queremos trasladarlle á mocidade que teñen que decidir en que España queren vivir: unha España que quere retroceder ao xurásico e que quere que as mulleres e os homosexuais sexan cidadáns de segunda. Ou unha España progresista, feminista e inclusiva. Na nosa España, na nosa Galicia cabemos todos e todas, sen ningún tipo de discriminación. E máis, na súa España nós non cabemos, pero na nosa España eles si caben.

”O secretario xeral dixo que “queremos trasladarlle á mocidade que teñen que decidir en que España queren vivir: unha España que quere retroceder ao xurásico e que quere que as mulleres e os homosexuais sexan cidadáns de segunda. Ou unha España progresista, feminista e inclusiva. Na nosa España, na nosa Galicia cabemos todos e todas, sen ningún tipo de discriminación. E máis, na súa España nós non cabemos, pero na nosa España eles si caben.”
Bouza lembrou á mocidade galega que se non pode acudir a votar presencialmente poden solicitar o voto por correo antes do día 18 en calquera oficina de Correos comentando que “o voto por correo é de balde, pero non exercer os nosos dereitos pode saírnos moi caro.”
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron no día de onte no Campus Universitario de Santiago de Compostela entre a mocidade galega e antes de comezar un reparto da campaña “Faino con Pedro” un novo vídeo de campaña “Os malos sempre son tres”.
O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza explicou que “no vídeo queremos mostrar claramente como os malos sempre son tres. Podemos remitirnos a Disney como para ver os malos da película e das series sempre son tres.”
Bouza afirmou que “neste vídeo o que pretendemos plasmar é que non só nas películas, senón que tamén na realidade da dereita. E para loitar contra estes malos só hai un heroe que é Pedro Sánchez, ao que temos claro que a mocidade vai apoiar masivamente para loitar contra ese monstro de tres cabezas que temos que é a dereita máis rancia, cavernícola e trasnoitada deste país.
O mozo socialista dixo que “queremos trasladarlle á mocidade que teñen que decidir en que España queren vivir: unha España que quere retroceder ao xurásico e que quere que as mulleres e os homosexuais sexan cidadáns de segunda. No que as mulleres non teñen dereito a abortar, senón que teñen que facelo de maneira clandestina, como lle estamos a escoitar ao Partido Popular.”
O secretario xeral asegurou que ante as aberrantes afirmacións dos bispos cos que saíu á rúa o Partido Popular ás manifestación nas que din que ‘os homosexuais teñen que curarse’, “dende as XSG lles dicimos que non e que o que ten que curarse é a homofobia do Partido Popular e cos que eles se manifestaron en contra dos dereitos das persoas”
O líder socialista instou á mocidade galega “teñen que decidir se queren esa España que retrocede ao xurásico ou unha España progresista, feminista, na que cabemos todos e todas. Na nosa España, na nosa Galicia cabemos todos e todas, sen ningún tipo de discriminación. E máis, na súa España nós non cabemos, pero na nosa España eles si caben.”
Bouza lembrou á mocidade galega que se non pode acudir a votar presencialmente poden solicitar o voto por correo antes do día 18 en calquera oficina de correos aseverando que “o voto por correo é de balde, pero non exercer os nosos dereitos pode saírnos moi caro.”
VALORACIÓN CAMPAÑA “FAINO CON PEDRO”
Bouza valorou a campaña “Faino Con Pedro” que leva xa máis de 25 días percorrendo toda Galicia e destacou que “a acollida da mocidade foi espectacular. Estamos convencidos de que a mocidade vai apoiar masivamente a Pedro Sánchez. Non porque o digamos nós, senón porque estamos a ver no sentir e, sobre todo, no apoio que nos están a dar os mozos e mozas que ven con ilusión e con esperanza e que realmente queren que se faga posible que Pedro Sánchez sexa o vindeiro presidente do Goberno.”
O líder socialista valorou como “un éxito rotundo esta campaña. No Partido tivo moi boa acollida e na sociedade o bo é que están a falar de Pedro Sánchez, da nosa campaña, pero sobre todo das propostas progresistas do Partido Socialista.”
O secretario xeral argumentou que “falouse moitísimo da campaña e os resultados son moi positivos, pero non só porque se fale da campaña, senón porque a xente está a falar das propostas do Partido Socialistas. Están a falar de que 20.000 mozos e mozas van a poder retornar ao seus país, coas súas familias e amigos ou de que se recuperará a Renda Básica de Emancipación.”
Bouza asegurou que “facelo con Pedro xustamente é recuperar todas os dereitos dos mozos e mozas. Os slogan está ben, estivo atinado porque sumarse con Pedro é loitar contra a dereita, pero detrás de todo iso hai unha política moi importante que é a que queremos reivindicar: Pedro Sánchez cre na mocidade.”
O mozo socialista valorou que “E esta campaña non só nos permitiu espallar as políticas que defende o Partido Socialista, senón que a día de hoxe a maiores da esperanza que existe entre a mocidade para que Pedro Sánchez sexa o vindeiro presidente, temos xa moitos compañeiros e compañeiras novas que decidiron sumarse ao equipo do presidente do Goberno e das Xuventudes Socialistas grazas a esta campaña.”




Bouza concluíu lamentando que dende as “Novas Xeracións fan vídeo enlatados agochados nunha sede. Nós non, saímos á rúa a falar cos mozos e mozas e escoitar o que nos teñen que dicir e, por suposto, trasladarlle as nosas propostas. Seguimos animando a toda a mocidade a que se sigan sumando a esta ola do progreso e da esperanza.”