Información
Elecciones municipales de Galicia

GONZALO CABALLERO DESTACA A MOSTRA DE “RENOVACIÓN E CAPACIDADE” DAS CANDIDATURAS SOCIALISTAS EN GALICIA PARA REFORZAR A MAIORÍA DE PEDRO SÁNCHEZ

Información
17 Marzo 2019 699 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

IMG 0837Pilar Cancela, Ana Prieto, Marina Ortega e Olga Alonso encabezan as listas ao Congreso das catro provincias, o que amosa a “compoñente feminista” do PSdeGPilar Cancela, Ana Prieto, Marina Ortega e Olga Alonso encabezan as listas ao Congreso das catro provincias, o que amosa a “compoñente feminista” do PSdeG


Madrid, 17 de marzo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou hoxe, trala aprobación das candidaturas socialistas por parte do Comité Federal, a mostra de “renovación e capacidade” que presenta o partido en Galicia para reforzar a maioría de Pedro Sánchez.
“Estamos preparados”, resaltou o líder dos socialistas galegos, quen apelou ao compromiso co traballo para que Pedro Sánchez “siga sendo presidente cunha maioría máis ampla e sólida” e, así, poida “desenvolver un proxecto de progreso” para todos.
Ademais, o máximo dirixente do PSdeG puxo en valor o feito de que catro mulleres concorren como cabezas de lista ao Congreso nas catro provincias galegas. “É unha mostra do noso compromiso coa igualdade real e do noso compoñente feminista”, enfatizou.
Por último, Gonzalo Caballero amosouse convencido de que as listas dos socialistas galegos presentan “os mellores perfís”, de persoas “preparadas e capaces” de cara ás eleccións xerais do vindeiro 28 de abril.
CANDIDATURAS NAS CATRO PROVINCIAS En canto ao Congreso, a provincia da Coruña está composta por Pilar Cancela, Pablo Arangüena e Montse García; mentres que Ana Prieto liderará a lista de Lugo por diante de Sonsoles López Izquierdo e Javier Cerqueiro. Marina Ortega concorre en Ourense xunto con Adolfo Pérez Abellás e Uxía Tizón; e en Pontevedra a lista a encabeza Olga Alonso, con Guillermo Meijón e Ángeles Marra nos seguintes postos.
Para o Senado, na Coruña irán Antonio Vázquez, Obdulia Taboadela e Julio Barros; en Lugo César Mogo, Pilar García Porto e José Luis Raposo; en Ourense son Juan Carlos Francisco Rivera, Marina Tallón e Eva Maldonado; e en Pontevedra Modesto Pose, Margarita Adrio e Daniel Chenlo.
Ademais, de cara ao Parlamento Europeo, o lalinense Nicolás González Casares concorrerá no número 9 da lista encabezada por Josep Borrell.