Información
Elecciones municipales de Galicia

COMPROMISO POR GALICIA ACORDA IR EN COALICIÓN CON EAJ-PNV NAS ELECCIÓNS EUROPEAS DE MAIO.

Información
14 Marzo 2019 517 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Foto Izaskun"COMPROMISO POR GALICIA ACORDA POR UNANIMIDADE IR EN COALICIÓN CON EAJ-PNV NAS ELECCIÓNS EUROPEAS DE MAIO"

O CONSELLO NACIONAL EXTRAORDINARIO DE COMPROMISO POR GALICIA ACORDOU POR UNANIMIDADE TER Á FORMACIÓN JETZALE COMO SOCIO PREFERENTE PARA EDITAR A COALICIÓN ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS EUROPEAS DESTE 2019.

OS GALEGUISTAS DE COMPROMISO POR GALICIA REEDITAN O ACORDO QUE XA EN 2014 FIXERA POSIBLE A PRESENCIA DOS GALEGUISTAS EN BRUXELAS, A TRAVÉS DESTE ACORDO TÉCNICO COA EURODEPUTADA IZASKUN BILBAO. O ACORDO SERÁ SOMETIDO A REFERENDO DE TODA A AFILICIÓN SEGUNDO MARCAN OS ESTATUTOS.

 

No Consello Nacional extraordinario celebrado o Martes dia 12, no que os galeguistas decidian a sua concorrencia aos vindeiros procesos electorais, marcaronse os tempos para pechar novamente o acordo político co EAJ-PNV para as Europeas de 2019. A relación entre os galeguistas e os jetzales é totalmente fraternal, o propio Andoni Ortuzar, neste pasado 25 de Xullo, acudiu á festa galeguista onde dixo que Compromiso por Galicia é o PNV galego.

COMPROMISO POR GALICIA LEVOU MAIS DE 80 INICIATIVAS A BRUXELAS DE DIVERSOS SECTORES DA ECONOMIA E DA SOCIEDADE GALEGA.

Os galeguistas, a través da eurodeputada Izaskun Bilbao levaron preguntas ante a Comisión e o Presidente e presentaron preguntas na cámara europea. O traballo galeguista en Bruxelas levou a mais de 60 entidades a visitar a eurocámara e a presentar directamente as suas iniciativas á eurodeputada de Compromiso por Galicia.

Para o secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro, o traballo feito por Compromiso por Galicia está por riba doutros eurodeputados que adicaron o tempo a mocións inconsistentes e que son inclusive un perigo para a sanidade mundial, referindo-se á proposta anti-vacinas da eurodeputada Lidia Senra.