Alternativa dos Veciños aspira a facilitar a gobernabilidade no concello da Coruña con Pedro Armas
Alternativa dos Veciños aspira a facilitar a gobernabilidade no concello da Coruña con Pedro Armas
Información
09 Noviembre 20182321 votos - Registrate para votar
O candidato á alcaldía da Coruña por Alternativa dos Veciños, Pedro Armas, e o presidente do grupo, Ángel García Seoane, compareceron esta mañá ante os medios de comunicación para explicar as aspiracións do partido na cidade. Alternativa dos Veciños non aspira á alcaldía da Coruña, senón a facilitar a gobernabilidade para garantir que se poida levar adiante unha xestión que permite lograr as melloras que precisan os cidadáns.
“Presentámonos para sumar, non para restar nin para dividir. Queremos facilitar a gobernabilidade do Concello, pero aspiramos a ter a capacidade de poder esixir que determinadas decisións de interese xeral para a cidadanía se tomen dunha maneira concreta”, comentou Pedro Armas. Alternativa dos Veciños pretende ter representación na corporación para facilitar que aquelas melloras que precisa a cidade se leven adiante e non se vexan boicoteadas, tal e como aconteceu durante esta lexislatura coa oposición destrutiva practicada polo PSOE e o PP.
Pola súa parte, Ángel García Seoane declarou que “a comarca necesita políticas serias, de cooperación entre os concellos, que se leven adiante os plans de urbanismo,...” e por iso Alternativa dos Veciños vai presentarse na Coruña, Cambre, Culleredo, Arteixo, Oleiros, Cerceda, Carral, Bergondo e posiblemente tamén en Sada. García Seoane tamén avalou a Pedro Armas por ter un historial político “decente” e o cualificou como “o mellor” dos candidatos á alcaldía da Coruña.
A rolda de prensa celebrouse esta mañá no local que Alternativa dos Veciños ten na Coruña, na rúa Monasteiro de Moraime 2. Este lugar pretende ser un punto de encontro tanto para cidadáns como para os medios de comunicación.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)