Información
Elecciones municipales de Galicia

Ana Pontón pide “saír a por todas” convencida de que o avance do Bloque nos comicios locais será “o primeiro paso para desaloxar ao PP da Xunta”

Información
07 Mayo 2018 1118 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ana PontónOs concellos gobernados polo BNG son exemplo de transformación en beneficio da maioría social, referentes de políticas de benestar e calidade de vida, de rexeneración urbana e de dinamismo económico e social. Ese gran activo político será a base da estratexia electoral municipal do Bloque, que terá como elemento central o éxito dos seus gobernos municipais e o concepto de concellos BNG como sinónimo de “marca de calidade”.

 

“Os municipios que goberna o BNG son un desafío a esa idea de que Galiza non pode valerse por si mesma”, proclamou a portavoz nacional, Ana Pontón, no cumio de concelleiras e concelleiras, alcaldes e alcaldesas que congregou en Santiago a cerca de 300 cargos locais na primeira xornada de traballo de preparación dos comicios de 2019.

“Demostramos con feitos que temos un modelo propio que funciona desde a confianza nas capacidades deste país, que non necesita copiar o que ven de Madrid,  un modelo que podemos ver en cada un dos concellos nos que temos responsabilidades de goberno, desde aqueles máis consolidados aos máis recentes, desde Allariz e Pontevedra, a Carballo, Rianxo, Tomiño,  Bueu, San Sadurniño, A Mezquita, Castrelo de Miño,...por citar algúns exemplos”, argumentou Pontón. “É un feito obxectivo que en cada un dos concellos nos que o BNG goberna as cousas funcionan razoablemente ben e deixamos pegada importante”, recalcou.

Con ese aval, a portavoz nacional animou aos concelleiros e concelleiras e ao conxunto da militancia “a poñerse mans a obra” na preparación das eleccións e “a saír a por todas e sen complexos, porque se hai unha forza política que ten un proxecto transformador a favor da maioría social esa é o BNG”, proclamou, un proxecto que non se queda nas palabras senón que se traduce en realidades, “e esta é unha solvencia que non teñen outras forzas políticas”.

Neste sentido, subliñou que os gobernos municipais nacionalistas foron capaces de aportar solucións aos problemas de mobilidade nas urbes, de crear vilas e cidades máis habitables sen renunciar a posta en valor do patrimonio, de potenciar o comercio local como fonte de emprego e dinamización social, de conseguir que a veciñanza se beneficie do feito de ter o maior número de eólicos por habitante do Estado abaratando a factura da luz (Muras). Gobernos municipais capaces de facer da lingua e da cultura un elemento de cohesión, concellos libres de caciquismos e corrupcións, abertos e transparentes.

Eva VillaverdeCaudal de experiencia

Con esa “bagaxe e caudal de experiencia acumulado”, -ao que se suma unha organización “sólida e cohesionada”-, Pontón declarou que o Bloque está nas mellores condicións para aumentar a súa representación social, en especial nas cidades, e converter ese avance na antesala dun cambio na Xunta. “Temos que promover un cambio de ciclo político desde a base, e dígovos que o avance do BNG nas eleccións municipais será o primeiro paso de cara a desaloxar ao PP da Xunta”, recalcou.

A dirixente nacionalista parabenizou a todos os responsables municipais polo seu esforzo e dedicación, tanto desde o goberno como desde a oposición, “tendes motivos para estar orgullosas e orgullosos”. “Hoxe non hai ningunha forza política que poda presentar un balanzo de goberno como o do BNG, e non é froito da casualidade senón dun proxecto político que funciona desde confianza no país”, concluíu Pontón.

A xornada de traballo contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Cesar Mosquera, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do secretario de Comunicación, Xavier Campos, seguida en cada caso dun debate e posta en común de ideas por parte dos responsables municipais.

19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

A Xunta Electoral de Zona de Pontevedra na que acorda a inmediata retirada das bandeirolas de Ciudadanos en Pontevedra

18-04-2019 Votos:129 Elecciones municipales de Galicia Redacción Xornal Galicia

A Xunta Electoral de Zona de Pontevedra na que acorda...

Podemos Pontevedra quere recuperar para a xente o litoral da ría

17-04-2019 Votos:137 Elecciones municipales de Galicia Redacción Xornal Galicia

Podemos preséntase ás eleccións municipais en Pontevedra para traballar nun...

Carme da Silva: “Hai que encher as urnas con votos (.....) para frear á mafia, aos esbirros de ENCE e á dereita”

17-04-2019 Votos:146 Elecciones municipales de Galicia Redacción Xornal Galicia

A cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carme da...

CANDIDATURAS DE XUNTOS EN LAS MUNICIPALES 2019

16-04-2019 Votos:165 Elecciones municipales de Galicia Redacción Xornal Galicia

Depois de estar barallando presentar candidaturas nas localidades que detallaremos...

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)