Información
En Marea:

O obxectivo é poñer fin a unha parálise no concello do goberno en minoría do PP en Tui

Información
Elecciones municipales de Galicia 28 Mayo 2018 1201 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O pasado xoves, 24 de maio, despoís da visita con Villares para acompañar a os veciños e victimas de Tui e avaliar os danos polo desantre ocurrido na comarca,  presentouse na Casa Cultural de Oia, Movemento Oia. A nova Marea organizou unha xornada de traballo na que participaron o voceiro nacional do espazo, Luís Villares, a vicevoceira Ana Seijas e a persoa que impulsou Movemento Oia, Xoán Lois Vila.

A xornada pechouse cunha asamblea coa veciñanza para explicar o proxecto e debatir sobre os principais problemas e inquedanzas que afectan a Oia. O obxectivo é poñer fin a unha parálise no concello do goberno en minoría do PP. Vila aclarou que "eu non teño prebendas e quero mudar as políticas deste pobo porque ten un gran potencial, e hai que rematar co inmovilismo do Partido Popular", e para iso fai falta "xente comprometida, que sume". Pola súa parte, Villares e Seijas ofrecéronlle a Movemento Oia todo o apoio e a axuda de En Marea para que "Medre o Mar", para que Oia deixe atrás a parálise.