Información
Elecciones de Galicia

O SLG presenta aos partidos políticos do 25-S a folla de ruta para dinamizar a Galiza labrega e rural

Información
08 Septiembre 2016 2601 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Sindicato Labrego Galego vén de iniciar unha rolda de contactos cos principais partidos políticos que se presentan ás Eleccións Galegas do 25 de setembro para compartir con eles un programa de accións necesarias para termos un medio rural vivo no que a agricultura, a gandería ou a silvicultura sexan motores dos espazos rurais, contribuíndo á creación de emprego, á dinamización social e económica, a garantir unha alimentación de calidade e a preservar a biodiversidade e a nosa riqueza paisaxística e cultural.

A primeira xuntanza para compartir as propostas do SLG tivo lugar en Compostela hoxe, 8 de setembro, e nela reuníronse a secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, co deputado de En Marea, Antón Sánchez García, que foi a primeira formación política en contestar ao ofrecemento feito pola organización agraria aos principais partidos que concorren aos comicios galegos. Neste senso, o Bloque Nacionalista Galego tamén aceptou o convite, e manterá un encontro cunha comitiva do SLG a semana que vén.

As propostas do SLG constitúen unha alternativa as actuais políticas agrarias que obedecen, invariablemente, aos intereses de grandes grupos financeiros e industriais e se fan en contra dos intereses dos labregos e das labregas, primando os baixos prezos en orixe para maximizar os beneficios dos intermediarios. O resultado é evidente: destrución de miles de postos de traballo, despoboamento e envellecemento da poboación rural, enfeblecemento dos principais sectores produtivos agrogandeiros e forestais, absoluta dependencia alimentaria.

Para reverter esta situación, dende o Sindicato Labrego Galego elaboramos un extenso documento con alternativas realistas e viables. No comunicado de prensa en pdf que se achega con esta mensaxe, resumimos estas propostas agrupadas por temáticas e en dous grandes bloques: o das políticas xerais e as políticas por sectores. Tamén achegamos o documento completo para a súa consulta.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+