Gómez Reino: “Vai contra os mínimos democráticos convocar eleccións nun estado de alarma e no medio dunha crise sanitaria como esta”
Información
18 Mayo 20201041 votos
Galicia en Común-Anova Mareas quere poñer de manifesto o seu malestar logo de que o presidente popular, Alberto Núñez Feijóo, consumase hoxe a estratexia que viña tecendo desde o inicio do confinamento para convocar eleccións no mes de xullo e antepoñer a súa ambición política á saúde pública.
En primeiro lugar, manifestaba Antón Gómez Reino, voceiro da coalición, "estamos ante unha enorme imprudencia e irresponsabilidade na que Feijóo empurra unha convocatoria electoral no medio da situación sanitaria, epidemiolóxica, económica e social na que está agora o país”.
En segundo lugar, sinalaba o portavoz, “é unha enorme, sorprendente e lacerante falla de respecto" ao conxunto de profesionais que levan meses esforzándose por parar o Covid; ao conxunto da cidadanía galega que leva dous meses de esforzo e sacrificio.
“Feijóo tamén lle falta ao respecto ás familias dos que perderon seres queridos; dos que teñen persoas aínda ingresadas polo Covid e as súas derivadas, e para aquelas familias que se atopan nunha difícil situación, e que o que precisan son medidas da Administración, medidas de apoio e axuda por parte da Xunta para saír adiante e paliar as consecuencias desta crise, e non unhas eleccións”.
En último lugar, reiteraba Gómez Reino, “é evidente que vai contra os mínimos democráticos convocar un proceso electoral nun estado de alarma, de crise sanitaria, económica e social na que estamos”.
“Feijóo minte. Mentía cando dixo que as eleccións non estaban na súa axenda. Estremece a absoluta irresponsabilidade de quen nos tiña que coidar, e que nos leva a votar cando tiñamos que estar a traballar conxuntamente para sacar ao noso país adiante”, concluíu.
El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia. Ese vacío legal ordena la prevalencia de la contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia. ver más...+ Documentos descagables;
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)