Información
Elecciones municipales de Galicia

Podemos Pontevedra quere recuperar para a xente o litoral da ría

Información
17 Abril 2019 364 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Podemos preséntase ás eleccións municipais en Pontevedra para traballar nun programa que ten á xente como referencia e obxectivo. Contamos cunha equipa de persoas con ampla experiencia activista nos movimentos sociais, políticos, sindicais, veciñais e na loita polos dereitos da cidadanía.

 

          O que permite que Podemos Pontevedra presente as súas primeiras propostas para unha Pontevedra mellor:

          Cun parque de vivenda municipal de aluguer.

          Iniciando unha proba piloto da Renda Básica Incondicional.

          Apostando pola transición enerxética, o transporte público e unha mobilidade sostible para todo o mundo e para todas as idades.

          Recuperando para a xente o litoral da ría coa rexeneración da praia de Lourizán e a construcción dun paseo peonil entre Marín e Pontevedra con acceso ao areal da praia: un proxecto que, ademáis de espertar gran ilusión, é de baixo custo, e ten o atractivo engadido de asimilar a paisaxe de Lourizán á que houbo no seu día e á que queremos que volte o antes posible.