Información
Elecciones municipales de Galicia

¿PORQUE VOTAR BNG NAS XERAIS DE ABRIL 2019?

Información
15 Abril 2019 408 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Recentemente o estado español cedeu a xestion das autoestradas de Euskadi ao goberno autonómico vasco...igualmente é sabido que vascos e cataláns teñen privilexios económicos que a Galicia nunca chegan, e nas votacións dos orzamentos do Estado puidemos ver como Podemos é En Marea votaron contra Galicia...estas soas reflexións  deberian ser suficientes para que os galegos e as galegas entendesen que se queremos unha Galicia con peso no estado español é necesario ter partidos galegos no Parlamento español 
 
O BNG quedou fóra do parlamento estatal depois das últimas eleccións do 2016, e esta situacion provocou que Galicia estivese "muda e ausente" no debate político estatal, xa que En Marea plegouse unha e outra vez aos mandatos de Podemos en Madrid, e estes foron sempre contrarios a Galicia...o partido do que un día formei parte, (Podemos), traizoou á Galicia obreira, á mariñeira, e á Galicia rural 
 
Eu creo...en realidade todo Xuntos x Galicia, mesmo diria que todo Xuntos Actúa cré, que vale máis ter un deputado dun partido galego coas mans libres que ter 5 ou 6 as ordénes de Madrid e, como queira que Xuntos Actua non se presenta a estas elecciones xerais, desde o seu movemento, ou corrente de opinión interna, a plataforma Xuntos x Galicia, (antes  Xuntos Podemos), apóstase porque ese deputado ou deputados sexa do BNG 
 
A cidadanía galega debe entender que para poder negociar a favor dos intereses da nosa terra, é necesario determinación e non depender de Madrid, e os deputados de Podemos e PSOE dependen das ordénes de Pablo Igrexas, e de Pedro Sánchez...sen dúbida muitos botamos de menos ao BNG no Congreso durante o últimos tres anos
 
É hora de recuperar o noso peso, dar un primeiro paso na necesidade de ser protagonistas da historia, os galegos e galegas deben pensar por un momento en que, nun marco electoral tan igualado entre bloques de dereita e esquerda, sé a suma das esquerdas quedasen en 173 ou 174 escanos, eses 2 que poida ter o BNG serían determinantes...nese caso o beneficio de Galicia...o de cada familiar e amigo, cada pai, nai, fillo ou filla de cada galego ou galega, será exponencial, poida que se chegase ese momento Galicia deixaria de ser de terceira división e daria un salto á Champions  League....por iso entendo, entendemos, que o voto útil en Galicia e para Galicia e o do BNG 
 
Carlos Armada
Voceiro de Xuntos 

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+