Información
Lugo

A Deputación pon na mesa da Feira do Capón de Vilalba 3.000 euros

Información
22 Diciembre 2018 527 votos

Eduardo Vidal Baamonde, participou este venres na Feira do Capón de Vilalba, cita á que acoden cada ano centos de persoas para ver os mellores exemplares destes animais e coa que o Goberno da Deputación colabora con 3.000 euros. Alí, destacou “a importancia de promocionar os produtos autóctonos na provincia. Dende o Goberno Provincial achegamos ao longo do ano máis de 100.000 euros para facer posible a celebración de 28 citas gastronómicas ao longo do noso territorio. Facémolo, ademais, dentro da nosa aposta por potenciar cada un dos recursos dos nosos Concellos como un valor diferencial que nos converten nunha provincia única, que cambia de recuncho a recuncho”.

Medalla Ouro Deputación El Progreso
Trátase do máximo galardón que pode outorgar a Corporación, pois ten carácter de condecoración no seu grao máis elevado. Dende que existe a Deputación, hai 185 anos, e ata o día de hoxe, son 11 as persoas ou proxectos que contan con esta distinción

O Presidente apuntou que “é un xornal centenario que, non só foi capaz de adaptarse aos tempos, aos cambios na nosa sociedade ou á chegada das novas tecnoloxías; senón que, ademais, soubo converter as amezas en oportunidades, estendéndose e medrando”

“O seu labor social na nosa provincia, vai máis alá do informativo grazas ao seu compromiso co impulso da cultura, do deporte ou do benestar dos lucenses”, apuntou

“Na consecución desta distinción, ten un papel fundamental a actual Presidenta do Grupo El Progreso. Blanca García Montenegro soubo converter El Progreso nun dos referentes máis importantes no sector da prensa escrita en Galicia”, engadiu
Información
Lugo

Amplísimo seguimento na segunda xornada de folga no Concello de Lugo

Información
19 Diciembre 2018 418 votos

A segunda xornada de folga no Concello de Lugo para esixir a retirada da nova Relación de Postos de Traballo está rexistrando un amplísimo seguimento, a pesar dos "servizos máximos" impostos polo Goberno municipal, especialmente elevados nas áreas de Economía e Persoal. Dende a representación sindical da CIG no Concello valoran de xeito moi positivo a participación na folga que comezou este luns e que se prolongará até o venres, 22 de decembro.

Rodríguez Ónega participa na clausura do Máster en Produción de Leite da USC, co que colabora a Deputación

O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, participou este venres no acto de clausura do Máster en Produción de Leite da USC, co que colabora o Goberno da Deputación no marco do Plan de Choque asinado coa USC. O Executivo Provincial destinou 350.000 euros á quinta edición deste plan, co que colabora coa USC na promoción do Campus Terra e de Lugo como cidade universitaria . Rodríguez Ónega trasladou os seus parabéns aos 10 alumnos que recibiron o seu diploma acreditativo.
Información
Lugo

Máis de 90 futbolistas do Corgo desfrutan dun campo de fútbol totalmente renovado

Información
18 Diciembre 2018 353 votos

Máis de 90 futbolistas do Corgo desfrutan dun campo de fútbol totalmente renovado grazas a Deputación

Campos Conde e Rivera Capón supervisaron as reformas executadas no Campo Municipal do Corgo, financiadas cunha achega de 190.000 € por parte do Goberno Provincial

Campos Conde subliñou “o firme compromiso do Goberno da Deputación de ofrecer a todos e cada un dos veciños da provincia unhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva”

Os traballos executados consistiron na adecuación da superficie para a práctica do fútbol, na instalación dunha base elástica prefabricada, na colocación do novo céspede artificial e na dotación dun novo sistema de rego
Proxectos turísticos de éxito da provincia danse a coñecer nunha xornada que organiza a Deputación. IMG001
- Campos Conde e Vidal Baamonde inauguraron este encontro no Salón de Actos da Deputación que se celebra durante estes dous días, e na que se inclúe unha visita a Ruta da faba de Lourenzá

Actividades gratuítas aos Concellos da Provincia durante o Nadal.IMG001

-Participan nesta programación un total de 63 Concellos que desfrutarán de maxia, contacontos, malabares, música, teatro ou ciencia. Todas as actividades son gratuítas
-García Porto explicou que “con estas iniciativas ofrecemos un lecer alternativo, educativo e creativo nestas datas, e ao mesmo tempo facilitamos a conciliación das familias lucenses”
-A Deputada sinalou que “o Planetario é unha das actividades con mais demanda, ao tratarse dunha proposta orixinal e educativa, pero tamén contamos cun concerto singular en Rábade coa Orquestra de Malabares acompañada coa Banda Sons e Soños”
-Avanzou que este venres inaugurase o Mercado de Nadal na Praza de San Marcos. Ademais a Rede Museística da Deputación ofrece 23 obradoiros gratuítos cun total de 320 prazas. A inscrición está aberta ata esgotar as prazas, e debe formalizarse no Museo onde se vaia realizar o obradoiro

O Goberno da Deputación achegou nos últimos 3 anos 170.000 euros a Raiolas, que estrea novo local

Santos Ramos e Méndez López e participaron este sábado na inauguración do novo local que Raiolas estrea na cidade de Lugo, e co que colabora Deputación

O voceiro do Goberno explicou que previsiblemente, no mes de febreiro, poderanse iniciar as derradeiras obras na gardería do Campus para transformala no 1º centro de día de autismo na provincia. Teñen un prazo de 3 meses

Os máis de 170.000 euros que achegou á Deputación son para o financiamento da atención ambulatoria, das obras de instalación do sistema de calefacción do seu local, así como a partida para a construción do 1º centro de día de autismo da provincia

Máis de 90 futbolistas do Corgo desfrutan dun campo de fútbol totalmente renovado grazas a Deputación  Os traballos executados consistiron na adecuación da superficie para a práctica do fútbol, na instalación dunha base elástica prefabricada, na colocación do novo céspede artificial e na dotación dun novo sistema de rego