Información
Lugo

A Deputación de Lugo monta a 'Buxiganga 2019', e ante a falta de participantes invita a inscribirse para non dilapidar os cartos públicos.

Información
19 Marzo 2019 384 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Buxiganga 2019

Nun comunicado emitido o Dom, 17/03/2019 informa que se pode apuntar ata o 28 de marzo agrupacións de teatro, concellos e asociacións sen ánimo de lucro da provincia na páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.gal) pódense descargar as bases e os modelos de solicitude desta convocatoria, para conseguir asistentes a Deputación ofrece cartos públicos, de 6 a 8 persoas: 500 €,   9 a 12 persoas: 750 €,  de 13 ou máis persoas: 850 €

 

O prazo para solicitar as axudas do programa de promoción do teatro afeccionado Buxiganga 2019continúa aberto, logo da publicación das bases no BOP. As agrupacións de teatro, concellos e asociacións da provincia interesadas en participar nesta iniciativa cultural da Deputación dispoñen ata o 28 de marzo para presentar a súa solicitude.

No programa Buxiganga poden participar as agrupacións de teatro, encargadas da representación das obras, así como os concellos e asociacións sen ánimo de lucro da provincia que poden solicitar a celebración destas actuacións. Unha vez coñecidos os concellos e entidades solicitantes e os grupos, elaborarase un catálogo para que os municipios e asociacións culturais soliciten o grupo que desexan contratar.

O programa cultural Buxiganga 2019, que chega á súa undécima edición, cumpre o dobre obxectivo de promocionar o teatro afeccionado e tamén de dinamizar cultural, social e economicamente os concellos da provincia de Lugo, especialmente os do rural. O Goberno Provincial achega 70.000 euros para poñer en marcha esta programación, consolidando o orzamento do ano anterior. Os cachés das actuacións son os seguintes:

-Grupos de 6 a 8 persoas: 500 €/función (tendo as 3 representacións 450 €/función)
-Grupos de 9 a 12 persoas: 750 €/función (tendo as 3 representacións 700 €/función)
-Grupos de 13 ou máis persoas: 850 €/función (tendo as 3 representacións 800 €/función).

Dese caché, a Deputación subvenciona o 80% do custo das actuacións, e os Concellos ou asociacións asumen o pagamento do 20% do custo de cada unha delas, para o que poderán cobrar unha entrada simbólica que en ningún caso poderá superar os tres euros. Na páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.gal) pódense consultar as bases desta convocatoria e descargar os modelos de solicitude.

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)