Información
Lugo

Creación dun centro de interpretación da Cova de Eirós

Información
05 Enero 2019 395 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O Presidente avanzou que “achegamos 31.000 euros para a redacción do proxecto museolóxico, que inclúe a creación dun catálogo, unha paxina web e guías da Cova”

Campos Conde explicou que “a creación deste museo é unha demanda dos veciños, que reclamaban un espazo onde coñecer in situ os achádegos que se realizan nas sucesivas campañas de escavacións, coas que colaboramos dende a Deputación”

É a unica cova de Galicia con evidencias de ocupación de Homo Neardenthalis e Homo Sapiens na Península Ibérica, ademais é un dos xacementos paleontolóxicos máis importantes de Europa para o estudo do Oso das cavernas

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou este venres que o Goberno da Deputación achegou 31.000 euros ao Concello de Triacastela para a redacción do proxecto museolóxico co fin de poñer en valor a Cova de Eirós. Con este investimento tamén se financia a creación dun catálogo, unha paxina web e guías sobre este xacemento único de Triacastela.

Campos Conde remarcou que “con este novo proxecto promovemos a posta en valor deste enclave excepcional, xa que é a unica cova de Galicia con evidencias de ocupación de Homo Neardenthalis e Homo Sapiens na Península Ibérica, ademais é un dos xacementos paleontolóxicos mais importante de Europa para o estudo do Oso das cavernas, e tamén é onde se atopan as primeiras descubertas de arte rupreste paleolítico no norte peninsular”.

O Presidente explicou “que a creación deste museo é unha vella demanda dos veciños de Triacastela, xa que reclamaban un espazo onde coñecer in situ os achádegos que se realizan nas sucesivas campañas de escavacións da Cova, coas que tamén colaborou o Goberno da Deputación”.

A Casona
A ubicación que ten prevista o Concello de Triacastela para instalar este proxecto museolóxico co fin de poñer en valor a Cova de Eirós é A Casona. Este edificio é propiedade do Xacobeo, que cederá unha parte ao Concello para destinalo a amosar os achádegos deste xacemento.

Obxectivos
A través deste proxecto, o Goberno da Deputación contribúe a fomentar o coñecemento e a concienciación sobre a riqueza do patrimonio prehistórico das Serras Orientais. Tamén busca potenciar o desenvolvemento rural adaptado a un modelo sostible de xestión do patrimonio cultural e natural, e por outra banda, preténdese crear unha nova rede de atracción turística baseada nas riquezas naturais e paisaxísticas da provincia. Así mesmo, aporta un novo aliciente para todos os visitantes, especialmente os peregrinos, debido ao paso do Camiño de Santiago por este municipio.

Otros articulos relacionados.....