- Os asistentes poderán coñecer de primeira man a clave do éxito de proxectos relacionados con estes sector como Milhulloa, Champivil, Caurelor, Embutidos Suarna ou a C.R.D.O Queixo do Cebreiro
-Ao longo destes xornadas teñen cabida os representantes do turismo agroalimentario provincial; axentes turísticos, produtores, guías, expertos en comunicación, hostaleiros e gandeiros, entre outros
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde inaugurou, este martes no Salón de Actos da Deputación, a xornada de turismo agroalimentario e desenvolvemento local que organiza o Executivo Provincial, e na que participan 15 expertos relacionados con proxectos turísticos na provincia. Neste encontro trataranse temas como as novas oportunidades como agroturismo, ou as claves para a creación de produtos de enoturismo. Na presentación, estivo acompañado do Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde.
O Presidente sinalou que “esta iniciativa, esta enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo, coa que pretendemos favorecer un intercambio de ideas que poida xerar sinerxías e servir de impulso deste tipo de turismo na provincia. Ademais, contribuirá a poñer en valor os proxectos relacionados co sector agroalimentario que con tanto éxito se están realizando actualmente na provincia, e ao mesmo tempo poñemos en valor a nosa materia prima de primeira calidade”, remarcou o Campos Conde.
Apoio da Deputación
Nese senso remarcou o compromiso do Goberno da Deputación para poñer en valor os nosos produtos autóctonos. “Facémolo con achegas directamente a través dos nosos Concellos, como por exemplo en Chantada coa Festa da Empanada e a Feira do Viño; Folgoso Do Courel coa Festa da Castaña; en Foz na Festa do Berberecho; en Monterroso na Feira do Queixo ou en Muras co mel. E tamén promovemos outro tipo de iniciativas como o curso de Enoturismo que organizamos coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), ou a participación noutros eventos agroalimentarios como Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense”.