Información
Lugo

Xacobeas lucenses no aniversario do Camiño Francés como patrimonio mundial

Información
11 Diciembre 2018 456 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

25 aniversario da Declaración do Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Humanidade, que tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago. Alí destacou a importancia de impulsar a promoción cara ao exterior das rutas de peregrinación lucenses “para xerar riqueza”.

 

García Porto subliñou que “a Deputación impulsa as rutas Xacobeas que transcorren polo territorio da provincia. Hai que ter en conta que por Lugo pasan 4 rutas recoñecidas oficialmente: Camiño do Norte ou da Costa, Primitivo, Francés e de Inverno, ademais da do Mar, investigada e documentada, o Inglés e o Real.  Isto amosa a importancia do Xacobeo para o impulso económico e cultural da nosa provincia”.

“O Goberno da Deputación traballa na posta en valor dos máis de 800 quilómetros de rutas Xacobeas que pasan por Lugo, que é ademais a provincia galega con maior extensión de itinerarios de peregrinación, malia que, nalgúns casos, non están recoñecidos oficialmente, seguen a ser camiños alternativos que atravesan os Concellos da provincia”, explicou.

A celebración incluiu a iluminación dos monumentos máis emblemáticos polos que pasa o Camiño Francés. No territorio lucense, o alumeado fíxose sobre as construcións situadas na traxectoria do Camiño Francés. Estas son: a Igrexa de Santa María a Real do Cebreiro, San Salvador de Sarria e San Nicolás de Portomarín.

Otros articulos relacionados.....