Información
Lugo

Vilademouros, no Incio, disporán da 1ª pista polideportiva que será dedicada a clases de bailes, magostos e outras festas gastronómicas

Información
25 Noviembre 2018 483 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Vilademouros, no Incio, disporá dunha  pista polideportiva de 18.000 euros, por tratarse dunha das demandas dos veciños e habitantes da parroquia de Vilademouros pois ata o de agora non contaban con instalacións para a práctica deportiva. Estas instalacións poderán dar servizo a centos de veciños, tanto os do propio colectivo como ás persoas da parroquias e concellos limítrofes.

 

Trátase da segunda colaboración do organismo provincial con esta comunidade, pois xa financiou o acondicionamento do interior do centro social cunha achega de 19.000 euros. Son, polo tanto, 35.000 euros da Deputación para mellorar os servizos desta parroquia de O Incio.


Actividades colectivas e deporte
A pista polideportiva, que se edificará na contorna do local social da Asociación de Veciños San Miguel de Vilademouros, construirase nunha explanada de 1.700 metros cadrados e complementará o espazo dedicado a actividades do colectivo veciñal, especialmente a programación das clases de baile, magosto e outras festas gastronómicas.
Contará co equipamento necesario para realizar actividades ao aire libre e celebrar partidos de fútbol, baloncesto ou tenis, así como distintos torneos deportivos.

Otros articulos relacionados.....