Información
Lugo

A Deputación de Lugo habilita 90.000 euros para animais abandonados e para persoas abandonadas nen un centimo...

Información
15 Noviembre 2018 521 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A Xunta transferiu aos Concellos as competencias de recollida e xestión de animais abandonados sen medios económicos para asumilas. Ante esta situación, a Deputación leva feito un esforzo inversor de case 800.000 euros na atención e coidado de animais. Refuxio animais abandonados de Foz
O Voceiro do Goberno Provincial asinou co Alcalde o convenio mediante o cal a Deputación financia na súa totalidade a construción destas novas instalacións e o Concello achega un espazo municipal situado no núcleo de Mañente, en Vilaronte

O Voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Foz, Javier Castiñeira, asinaron este xoves un convenio para a construción no municipio focense dun novo refuxio de animais abandonados. Terá capacidade para uns 40 cans e gatos e prestará servizo a Concellos da Mariña. O Executivo Provincial financia na súa totalidade estas actuacións con 90.000 euros. O municipio focense achega os terreos, situados no núcleo de Mañente, en Vilaronte. Estará xestionado pola Asociación Asistencial Protectora de Foz. Os Concellos que desexen empregar estas instalacións só terán que asinar un convenio co municipio focense, que será o titular do refuxio. O Rexedor municipal avanzou que investirá máis de 30.000 euros procedentes do Plan Único da Deputación para completar estes traballos.

Santos Ramos explicou que “a Xunta transferiu aos Concellos as competencias de recollida e xestión de animais abandonados sen ningún medio económico para poder asumilas. Ante esta situación, que é unha mostra máis do castigo ao que o Executivo galego do Partido Popular ten sometidos aos municipios, dende o Goberno Provincial estamos a facer un importante esforzo inversor, que ascende xa aos case 800.000 euros, para habilitar espazos nos que os Concellos poidan levar aos animais abandonados e prestarlles o coidado e a atención que requiren”.

“Na Mariña, ampliamos a canceira situada no Valadouro cun investimento de 85.000 euros. Fixémolo en colaboración co Concello e coa Asociación Protectora de Animais Valadouro-Alfoz, que é a responsable da xestión destas instalacións. Dende entón, os Concellos do Valadouro, Alfoz, Muras e Lourenzá, que son os que polo de agora empregan este refuxio, contan con capacidade para uns 30 animais”.

“Reforzamos esta prestación na Mariña con outros 90.000 euros, que nos permitirán habilitar un novo refuxio no municipio focense, con capacidade para outros 40 animais. Facémolo tamén colaborando co Concello e coa Asociación Asistencial Protectora da Foz, que xestionará estas instalacións, como ata o de agora está facendo coas actuais. Os Concellos da contorna que o desexen poderán empregar estas instalacións, asinando un convenio co municipio de Foz, que será o titular deste novo refuxio que faremos realidade na Comarca”.

Ademais destes 90.000 euros, o Goberno da Deputación destinou 400.000 euros á ampliación das instalacións da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, así como a compra de subministros. Ten capacidade para 400 animais e presta servizo ata o momento a uns 8 Concellos da zona centro. Outros 40.000 euros foron para a mellora do refuxio situado en Xermade, que acolle uns 100 animais. Está xestionado pola Asociación Animals Help e que atende a outros 4 Concellos da contorna polo de agora. A maiores, achegou 200.000 euros á construción dunha canceira para a zona sur da provincia, que se situará no municipio de Monforte de Lemos.   

Características do novo refuxio en Foz
Situarase nunha parcela municipal de máis 13.000 metros cadrados, no polígono 3 do núcleo de Vilaronte, na parroquia de Mañente, onde actualmente tamén se afinca o punto limpo, ocupando 97 metros cadrados deste espazo. Será na parte sur do terreo onde se constrúa o refuxio, estendéndose uns 2.500 metros cadrados. A propia canceira terá unha ocupación en planta de 285 metros cadrados. A edificación será unha nave con estrutura metálica cuberta e inclinada a dúas augas, con zonas cubertas nas dúas direccións. Dará cobizo tanto a cans como a gatos. Terá capacidade para 40 animais, cumprindo así as normativas existentes sobre benestar animal. As novas instalacións disporán de zona de espera, oficina, aseo con ducha e zona de baño de animais, sala de curas e sala para pequenas intervencións. A nave disporán dunha zona exterior para os animais onde se situará tamén un almacén de alimentos. Esta espazo que conectará coas propias dependencias.

Otros articulos relacionados.....
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)