Información
Lugo

70 deportistas con capacidades diferentes participan en Burela nos XXII Xogos Autonómicos de Baloncesto

Información
13 Noviembre 2018 869 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
XXII Xogos autonómicos de Baloncesto
O evento reuniu a 19 asociacións de toda Galicia, 7 delas da provincia: Eu Son (Burela), Aspnais (Lugo), CAPD Sarria, Aspanane (Viveiro), San Pablo e San Lázaro (Mondoñedo), San Vicente (Lugo) e Prodeme (Monforte de Lemos)

López Izquierdo destacou que “estas iniciativas son fundamentais para eliminar barreiras e prexuízos, que son os que realmente entorpecen a total integración, ademais de dar visibilidade ás grandes capacidades coas que contan estes deportistas”

O Executivo Provincial colabora con Special Olympics Galicia cunha achega anual de 8.000 euros, para promover diferentes actividades, coas que fomentar a igualdade e a plena integración de persoas con capacidades diferentes a través do deporte

270 deportistas con discapacidade intelectual participaron este sábado en Burela nos XXII Xogos Autonómicos de Baloncesto, que se celebraron no Pavillón Municipal de Vista Alegre, organizados por Special Olympics Galicia coa colaboración do Goberno da Deputación. O Executivo Provincial realiza unha achega anual de 8.000 euros para promover diferentes actividades, coas que fomentar a igualdade e a plena integración de persoas con capacidades diferentes a través do deporte.

A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, participou no evento, que reuniu a 19 asociacións de toda Galicia, 7 delas da provincia: Eu Son (Burela), Aspnais (Lugo), CAPD Sarria, Aspanane (Viveiro), San Pablo e San Lázaro (Mondoñedo), San Vicente (Lugo) e Prodeme (Monforte).

López Izquierdo destacou que “este tipo de iniciativas son fundamentais para eliminar barreiras e prexuízos, que son os que realmente entorpecen a total integración, ademais de dar visibilidade ás grandes capacidades coas que contan estes deportistas. Dende o Goberno da Deputación colaboramos con Special Olympics neste dobre obxectivo, pois estamos comprometidos coa plena igualdade”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+