Información
Lugo

O Grupo Operativo Resurgir Alto Navia creará un banco de terras en 5 Concellos da montaña de Lugo

Información
27 Octubre 2018 3085 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O proxecto pretende catalogar 1.204 quilómetros cadrados de territorio nos Concellos da Fonsagrada, Cervantes, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna e Becerreá. A iniciativa tamén cubrirá Grandas de Salime, Ibias e Pola de Allande, no Principado de Asturias

Fernández Queipo subliñou que “apoiamos esta iniciativa porque consideramos que é o noso deber dar visibilidade aos proxectos de desenvolvemento rural, proxectos innovadores coma este, que procura poñer en valor o medio rural cunha produción sostible e loitar contra a despoboación”

O obxectivo deste grupo, é a creación dun banco de terras abandonadas para que os produtores interesados lles poidan dar unha saída agrícola ou forestal sostible

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este venres o proxecto do Grupo Operativo Resurgir Alto Navia, que procurará a recuperación de 1.204 quilómetros cadrados de terreos abandonados nos Concellos da Fonsagrada, Cervantes, Negueira de Muñiz e Becerreá, na provincia de Lugo. A iniciativa tamén contempla a cobertura do territorio en Grandas de Salime, Ibias e Pola de Allande, no Principado de Asturias. O proxecto ten como finalidade a creación dun banco de terras nestes municipios, para poñelas a disposición de produtores interesados en transformalas en solos de produción agrícola ou forestal.

Fernández Queipo subliñou que “apoiamos esta iniciativa porque consideramos que é o noso deber dar visibilidade aos proxectos de desenvolvemento rural, proxectos innovadores coma este, que procuran poñer en valor o medio rural na nosa provincia. O banco de terras permitirá darlles un novo uso a solos e parcelas que son aptas para a agricultura, pero que están abandonadas e desaproveitadas para a produción agrícola ou forestal. E todo iso, mediante unha aplicación práctica e sostible”.

O proxecto do Grupo Operativo Resurgir Alto Navia, impulsado pola Asociación Europea para a innovación en materia de produtividade e sostibilidade agrícola, está na primeira fase de execución. Nesta, cómpre identificar os solos abandonados, ou dos que non se dispón de datos catrastrais ou, de existiren, os datos rexistrados non se corresponden coa realidade, ben porque non se coñecen os seus propietarios ou non figuran no rexistro da propiedade. Neste último caso, o grupo operativo tería como obxectivo o contacto coas persoas en propiedade deses terreos logo da súa identificación. Un labor paralelo será o de facer un traballo de investigación cartográfico e de catalogación dos solos para a realización do banco de terras.

Grupo Operativo Resurgir Alto Navia


O Grupo Operativo Resurgir Alto Navia, financiado polo Plan Nacional de Desenvolvemento Rural, conta cunha subvención de 90.474 euros para construír un sector agroalimentario e forestal competitivo. O proxecto, coordinado pola Asociación de Gandeiros da Fonsagrada, está integrado por asociacións de produtores, cooperativas, empresas e entidades públicas: A Sociedade Cooperativa A Carqueixa; Galetec Gabinete Técnico Interterritorial SL; Asociación ADN, Desarrollo Rural Integral de Negueira de Muñiz; Asociación Cultural Amigos de Fonteta Os Reises del Valledor; Sociedad Cooperativa Caxigal; e Selforga SL.

Así mesmo, tamén figuran entre os membros colaboradores con esta iniciativa, a Asociación de Defensa das Variedades Autóctonas e do Viñedo da Ribeira do Río Navia, a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses Montes de Cervantes, Navia e Becerreá-Deputación de Lugo, Concello da Fonsagrada ou Concello de Negueira de Muñiz, todas elas, entidades unidas para facer fronte conxuntamente ao abandono e a despoboación dos solos, mediante a organización das terras e a identificación dos propietarios.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago