Información
Lugo

Ducias de ciclistas percorren Friol e Parga nunha nova etapa da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics

Información
08 Octubre 2018 437 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O Goberno da Deputación colabora coas actividades de Special Olympics Galicia cunha achega de 8.000 euros, que permite a celebración desta Marcha Unificada, así como doutras iniciativas ao longo do ano como os xogos de campo a través e petanca, os xogos autonómicos de natación ou o maratón urbano de Viveiro

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, participaron este venres na VI Edición da Marcha Ciclista Unificada na que ducias de ciclistas pertencentes a colectivos de persoas con discapacidade percorreron a etapa Friol-Parga. Contou cun percorrido de aproximadamente 20 quilómetros e atravesou diferentes parroquias de ambos concellos, ademais dun pequeno treito do Camiño de Santiago, no que os participantes contemplaron a riqueza e o patrimonio do medio rural lucense.

O Goberno da Deputación colabora coas actividades de Special Olympics Galicia cunha achega de 8.000 euros, que permite a celebración desta Marcha Unificada, así como doutras iniciativas ao longo do ano como os Xogos de campo a través e petanca, os Xogos Autonómicos de Natación ou o Maratón Urbano de Viveiro.

Santos Ramos subliñou que “dende a Deputación de Lugo facemos un esforzo moi importante para que a plena inclusión e a participación cotiá na sociedade das persoas con capacidades diferentes se normalice ao máximo posible. Neste caso, facémolo colaborando con esta Marcha Unificada que terá lugar o próximo día 5 en Lugo,

Sexta edición da Marcha Ciclista
Special Olympics é unha organización internacional sen ánimo de lucro, fundada a finais dos anos sesenta, para promover a integración social das persoas con discapacidade intelectual a través do Deporte. Por sexto ano consecutivo, organizan a Marcha Ciclista Unificada que nesta edición amplía o seu percorrido, chegando a localidades das catro provincias galegas.

Deste xeito, a marcha comezou o vindeiro 4 de outubro coa primeira etapa pola localidade ourensá de Baños de Molgas (12 quilómetros); continuou o día 5 de outubro na provincia de Lugo, onde percorreron a etapa entre Friol e Parga (19 quilómetros). Mañá, día 6 estarán en Santiago de Compostela, nunha ruta polo centro da capital galega (13 quilómetros); e, finalmente, o rematarán o 7 de outubro en Vilagarcía de Arousa (13 quilómetros).

Otros articulos relacionados.....
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)