Información
Lugo

Mel Vituco, de Muras, a Adega O Lagar, de Burela, Emarela Márketing, de Xove, e Porco Celta Fraga do Coto, de Vilalba, son as catro experiencias seleccionadas pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo

Información
30 Septiembre 2018 666 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
García Bermúdez destacou que o Goberno provincial promoveu a contratación na Mariña de 97 traballadores, a través das catro edicións do seu programa de inserción laboral nas empresas e colectivos da provincia. Fíxoo nun Congreso da AJE en Xove

A Deputada de Economía subliñou que “estamos comprometidos co emprendemento e a xeración de emprego na provincia, por iso apoiamos este tipo de xornadas, que contribúen a xerar riqueza social”

O Goberno da Deputación impulsa o emprego na Mariña xerando un centenar de postos de traballo co Ben Empregado. Así o explicou a Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez, que participou este xoves no Congreso Novos Empresarios da Mariña. O encontro reuniu en Xove a catro emprendedores de diferentes sectores de actividade para dar a coñecer a súa experiencia empresarial. Estivo organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo, coa que colabora o Goberno Provincial, a través do programa Ben Empregado.

García Bermúdez sinalou que “desde o Goberno da Deputación estamos comprometidos co emprendemento e a xeración de emprego na provincia, por iso apoiamos este tipo de xornadas, que contribúen a xerar riqueza social”. E animou aos asistentes a facer da experiencia dos poñentes unha fonte de inspiración para o emprendemento.

A Deputada de Economía lembrou que o Goberno da Deputación ten en marcha o programa de inserción laboral Ben Empregado, que xa vai pola cuarta edición e grazas ao cal están traballando na actualidade 37 persoas da comarca da Mariña. Nas catro edicións do Ben Empregado, o Goberno provincial investiu na comarca preto de 1,5 millóns de euros, que supuxeron a contratación de 97 traballadores en 91 empresas.

Catro emprendedores da comarca
Mel Vituco, de Muras, a Adega O Lagar, de Burela, Emarela Márketing, de Xove, e Porco Celta Fraga do Coto, de Vilalba, son as catro experiencias seleccionadas pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo para ser expostas no Congreso, que se celebra no salón de actos do Concello de Xove. A asistencia é libre e gratuíta.

Esta é a primeira vez que a Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo, que agrupa 70 socios menores de 40 anos, organiza un congreso na Comarca da Mariña. A experiencia terá continuidade con outro encontro na comarca de Lemos nos vindeiros meses.

Otros articulos relacionados.....