Información
Lugo

5.000 euros para obras en Navia de Suarna, 50.000 en Muras, 25.500 en Ribas de Sil, 8.500 en Guitiriz e 118.000 en Pol para mellorar servizos

Información
01 Septiembre 2018 656 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

5.000 euros para a restauración de varias fontes de auga no Concello de Navia de Suarna, cos que o Goberno Provincial colabora na posta en valor e recuperación de fontes nas parroquias de A Balsa, Acevedo e Traserna, todas elas pertencentes á Rede Natura 2000.

- 50.000 euros da Deputación para reparar e consolidar a ponte Bermúdez en Muras. O Concello achegará outros case 20.000 euros o que fai un orzamento total de 70.000 euros. O Executivo colabora con este proxecto pois arestora a ponte está moi deteriorada, caendo incluso algunha pedra. Trátase dunha ponte que cruza o río Eume, nunha zona rural entre Muras e Vilalba.

Son traballos moi necesario pois a ponte é un paso habitual de gando e maquinaria agrícola, así como de vehículos pequenos.

- 25.500 euros en Ribas de Sil para colaborar na a renovación do parque infantil da área recreativa da praia fluvial, que é moi empregado tanto polos veciños como polo visitantes durante a época estival; para a construción dun depósito de auga no lugar de A Cabarca, unha infraestrutura moi importante na prevención de incendios, e colaborar na posta en marcha dunha ruta turística de interpretación polo complexo arqueolóxico Mineiro do Covallón no que destacan as minas romanas, e no que se instalarán paneis informativos.

- 8.500 euros de remanentes do Plan Único, procedentes das baixas de contratación, para executar máis obras no Concello de Guitiriz. Son para a dotar de alumeado público aos veciños de Toxeira, un pequeno núcleo rural de Labrada, no que viven unhas 10 persoas e que non dispuñan deste servizo; así como para a reparación dun acceso rural en Casa Muíno, en Pígara, que se mellorará pois da acceso a fincas agrícolas.

- 118.000 euros para mellorar 3 quilómetros de 2 vías no Concello de Pol. Son por unha banda os derradeiros traballos na LU-P-1611, no coñecido como cinto comarcal, no que se mellorará 1,4 quilómetros, vía tamén na que este ano investimos 230.000 euros máis; e na LU-P-4601, que vai de Fonfría a por Rioxán. É unha vía que vai dende Mosteiro, en Pol, ata a estrada autonómica que vai cara Ribeira de Piquín e A Fonsagrada. As actuacións específicas que se realizarán nestas vía son a rexeneración do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, e incremento da seguridade coa instalación de sinalización horizontal e vertical.

Otros articulos relacionados.....
23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)