Información
Lugo

No Centro Social Díaz Castro déronse cita máis de trinta veciños que fixeron achegas relacionadas principalmente cos percorridos e as paradas do transporte público

Información
22 Abril 2016 3814 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Centro Social Díaz Castro, situado no barrio da Abella, acolleu este xoves a primeira xuntanza aberta da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, coa veciñanza para recoller as súas propostas e deseñar así o novo mapa de liñas de buses urbanos.

Máis de trinta persoas participaron nesta primeira reunión, á que tamén asistiu o voceiro municipal, Miguel Fernández, e os Concelleiros de Educación e Benestar Social, Manuel Núñez e Ana Abelleria, respectivamente; posta en marcha polo Concello dentro da campaña Móvete por Lugo, para recoller as recomendacións e propostas dos veciños e veciñas da cidade para mellorar o transporte público de viaxeiros e adaptalo á realidade social e económica da cidade, para facelo máis accesible aos usuarios.

Na reunión, caracterizada polo dinamismo e partipación dos asistentes, os veciños fixeron achegas relacionadas principalmente cos percorridos e as paradas.

O Concello puxo en marcha esta campaña para reorganizar de xeito global as liñas do bus urbano, aproveitando o novo contrato do transporte. Ademais desta ferramenta de participación, os lucenses poden achegar propostas a través do correo electrónico creado especificamente para esta campaña: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ou ben a través de www.lugo.gal, ou do Servizo de Atención Cidadá 010.

Tras a reunión no barrio da Abella, a Alcaldesa reunirase coa veciñanza dos barrios da Residencia; A Milagrosa; Sagrado Corazón; Fontiñas; Fingoi; A Piringalla e Garabolos; As Gándaras; A Ponte, e o Ceao. O Concello informará puntualmente de todas as reunións na súa páxina web – www.lugo.gal- e nas redes sociais.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+