Información
Lugo

A estratexia dos Tardeos, impulsada por Lara Méndez, ampliarase a Augas Férreas

Información
07 Agosto 2020 1405 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
A estratexia dos Tardeos, impulsada por Lara Méndez, ampliarase a Augas Férreas tralo éxito da iniciativa no barrio da Tinería

A estratexia dos Tardeos, impulsada por Lara Méndez, ampliarase a Augas Férreas tralo éxito da iniciativa no barrio da Tinería. O Goberno municipal puxo en marcha este proxecto co obxectivo de impulsar un novo movemento social e de ocio que dinamice a cidade e a hostelería lucense, nun momento de especial dificultade debido á crise sanitaria. Cos Tardeos, o Concello busca promover novos hábitos de consumo entre a cidadanía, apostando polo horario diúrno e complementando a oferta de ocio nocturna na cidade con actuacións musicais e obradoiros, dirixidos a públicos de todas as idades.

 

A alcaldesa, acompañada do edil de Desenvolvemento Local e Emprego, Mauricio Repetto, o presidente da APEHL, Cheché Real, e hostaleiros da zona, presentou este xoves a nova programación que se desenvolverá na praza de Augas Férreas todos os martes e mércores, do 15 de agosto ao 15 de setembro, en horario de 18:00 a 22:00 horas. Incluirá sesións de música en directo a cargo de DJ’s e artistas locais, obradoiros para os nenos e nenas, así como un circuíto de patinetes eléctricos que se instalará na propia praza.

Lara Méndez subliñou que “ante a boa acollida da iniciativa no barrio da Tinería, tanto por parte dos empresarios da zona como do conxunto da veciñanza, dende o executivo municipal decidimos ampliar esta programación a outras zonas da cidade, co obxectivo de dinamizar a hostalería e o comercio lucenses, apostando por un ocio máis familiar e cultural, para involucrar a xente de todas as idades”.

“A hostalería é un dos sectores con máis pegada no barrio de Augas Férreas, un barrio novo e en continuo crecemento, no que ademais conviven numerosos establecementos comerciais de proximidade. Con esta nova programación, tamén queremos poñer en valor o comercio local e reivindicar a importancia de mercar nos establecementos que temos a pé de rúa, e que se viron especialmente afectados pola crise sanitaria”.

Pola súa parte, Mauricio Repetto lembrou que “o Concello foi pioneiro na posta en marcha desta estratexia a nivel galego, pois os Tardeos xa se están a desenvolver con éxito noutras grandes cidades españolas como Madrid, Barcelona, Valencia ou Alicante”.

O edil engadiu que “trala experiencia destas semanas na Tinería, podemos afirmar que en Lugo non só é perfectamente viable, senón que a veciñanza cada vez está máis interesada nesta nova forma de lecer, máis diversa e inclusiva, coa que conseguimos complementar o ocio nocturno, adiantando os horarios de saída dos lucenses”.

Programación

Os tardeos en Augas Férreas comezarán o martes, 18 de agosto. A praza será decorada con este fin a cargo da artista multidisciplinar Ánxela Pardo que se encargará de achegar a praia, o mar, animais e obxectos mariños a este emprazamento da cidade. Ademais, colocarase unha guirnalda de 2 metros con obxectos e debuxos que rememoran o mar e tamén se instalará un photocall co que os participantes poderán fotografiarse. Os farois da praza tamén serán engalonados para dotar de colorido.

Así mesmo, como novidade, instalarase un circuito de patinetes eléctricos que os interesados poderán probar de xeito gratuíto. Por outra banda, durante cada xornada haberá obradoiros dirixidos aos nenos e nenas: obradoiro de malabares; obradoiro de creación bilingüe; obradoiro de xogos con arxila; obradoiro O Galo Azul; obradoiro de danza e bodypaint; obradoiro de pintura comestible; obradoiro de cometas de lá; obradoiro de narración oral; e obradoiro descubrindo a lá de ovella.

Así mesmo, o cartel de DJ´s encargados de ambientar musicalmente a praza de Augas Férreas será o siguiente:  Isaac Peces (Black Music), Dr.Think (Nu-Disco, Deep House, Afro House), Ze Pequeno (World Music), Rapariga Dj (Rock, Funk, Disco, Electrónica), Alex Nite & Mr. Fishman (Freestyle Music), Popy García (Freestyle Music), Manolo Vilouta (Funk, Disco, House Music), Mr.Fishman & Alex Nite (Freestyle Music), Marcos Peón & Hugo Leivas (House Music).

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre os Tardeos en Augas Ferreas | Descargar mp3

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago