Denuncian que o Goberno de Feijóo esta a retirar servizos dos centros de saúde coa escusa da Covid19

Información
Lugo 06 Mayo 2020 1211 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image


A CIG-Saúde de Lugo rexeita calquera intento de aproveitar a situación de emerxencia sanitaria para reordenar servizos na Atención Primaria e deixar centros de saúde sen atención que até agora viñan prestando. A Federación de Saúde da CIG refírese en concreto á posibilidade de trasladar os servizos de Farmacia, Pediatría e Traballo social do CS do Sagrado Corazón, algo que, de materializarse, obrigaría as usuarias e usuarias "a que teñan que cruzar toda a cidade para recibir esta asistencia".

 

A central lembra que foron numerosos os compromisos para construír un novo centro de saúde polas carencias estruturais do estruturais que presenta o actual edificio para ofrecer atención sanitaria. Compromisos que ficaron en nada, mais agora "a EOXI considera que trasladar servizos a outros centros de Lugo arranxa o problema de espazo, intentando así ter máis espazo físico", valora a secretaria comarcal da CIG-Saúde, Carme Aira.

Neste senso, Aira indica que "sabemos que hai unha proposta enriba da mesa que aínda non se materializou, que consiste en deixar o centro sen o servizo de Farmacia, Pediatra e Traballo social. Demograficamente a zona non cambiou, polo tanto segue sendo necesario darlle á poboación do barrio, uns servizos de calidade e de proximidade".

Para a Federación é preciso realizar plans de continxencia por se hai un rebrote ou unha segunda onda de Covid19, "pero o que non se pode é usar as circunstancias de hoxe en día, para deixar as e os pacientes sen servizos de proximidade e máis cando as medidas non foron suficientemente reflexionadas, non hai urxencia e non solucionan ningún problema".


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600