Información
Lugo

FEMP premia a recuperación do Humidal das Gándaras impulsada por Lara Méndez polo seu impacto e ser exemplo para outras cidades

Información
26 Febrero 2020 884 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A FEMP premia a recuperación do Humidal das Gándaras impulsada por Lara Méndez polo seu impacto e ser exemplo para outras cidades

A recuperación posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez do Humidal das Gándaras-O Ceao, un bosque de ribeira e un dos grandes patrimonios naturais de Lugo, obtivo o segundo premio na categoría de Medio Hídrico na segunda edición dos Premios de Boas Prácticas Locais pola Biodiversidade, otorgado pola Rede de Gobernos Locais+Biodivesidade, da Federación Española de Municipios e Provincias.

 

A alcaldesa de Lugo destacou que este galardón “é un recoñecemento as nosas actuacións ambientais ante os grandes desafíos que representan a mellora de vida da veciñanza e o cambio climático a través dunha posta en firme polos valores naturais do municipio, co fin de que se convertan nun novo motor de crecemento”.

A acondicionamento desta xoia natural de 5 hectáreas de extensión, que se enmarca no proxecto europeo LIFE Lugo+Biodinámico, supuxo preservar a súa rica diversidade para que sexa un espazo de esparcemento de veciños e visitantes ao integrarse no paseo periurbano da cidade, pero tamén con fins divulgativos e investigadores xa que acolle especies de flora e fauna de interese comunitario polo seu especial valor de conservación e grao de ameaza en Europa.

Por iso, o xurado deste premio valorou cuestións relativas ao impacto do proxecto nas condicións da vida silvestre e os ecosistemas naturais; a súa sustentabilidade, no sentido da incorporación de todos os aspectos de desenvolvemento sostible (sociais, ambientais, económicos e culturais) e o fortalecemento da participación cidadá e a promoción da igualdade e equidade dentro das condicións locais.

Tamén incidiu na súa capacidade exemplarizante e a súa posibilidade de desenvolverse con éxito noutros Gobernos Locais (transferibilidade); a súa permanencia xa que os seus resultados se manteñen no tempo, e a súa visión global ao integrarse a iniciativa nunha estratexia global do Concello de Lugo no desenvolvemento urbano sostible e a conservación do patrimonio natural.

Lugo, único municipio galego premiado, recibirá o galardón o día 12 de abril tras a celebración da IX Asemblea Xeral da Rede de Gobernos Locais +Biodiversidade.

Traballos de recuperación

O humidal forma parte do denominado Parque Lineal Verde que envolve toda a cidade, desde oeste a noroeste, seguindo os cursos fluviais de tres ríos Miño, Rato e Fervedoira, que o Concello de Lugo traballa para consolidar como un anel verde de protección ambiental e climática. Localízase tamén dentro da área de transición da Reserva da Biosfera Terras do Miño, a de maior extensión de Galicia.

No 1982, o humidal quedou legalmente afectado pola existencia dunha instalación militar. A restrición de usos e actividades nos seus espazos limítrofes mantívose vixente até o 2006, momento que marca o inicio dunha transformación acelerada da paisaxe. Ademais, durante as dúas últimas décadas viuse sometida a unha forte presión consecuencia do desenvolvemento industrial que a cidade de Lugo experimentou nesa área, o que significou unha redución crítica da superficie do humidal e dos seus valores ambientais pondo en grave risco a súa conservación e converténdoo nun ecosistema cun alto grao de fraxilidade.

Así mesmo, debido ao illamento e situación marxinal entre dous parques empresariais, o humidal foi usado de forma continuada como vertedoiro de residuos e cascallos incrementando a súa fraxilidade e provocando un impacto visual moi negativo.

O Goberno de Lara Méndez desenvolveu, tras a consecución do proxecto LIFE e co apoio do Campus Terra, un plan de recuperación co que desterrou as especies exóticas invasoras e alóctonas; saneou as especies autóctonas e repoboou con vexetación riparia, ademais de eliminar os residuos urbanos. Recentemente finalizaron os traballos de sinalización e a colocación de  paneis que explican a historia e diversidade deste humidal, de gran importancia ecolóxica porque permite regular a temperatura da auga, suxeita o terreo e achega refuxio e alimento aos animais acuáticos, anfibios e terrestres.

Ademais, á proposta da alcaldía, a Corporación acordou solicitar que este espazo sexa declarado Espazo Natural de Interese Local (ENIL) co fin de incrementar a súa especial protección como valor ambiental. Será o primeiro ENIL para o municipio de Lugo e o segundo da provincia.

Redes pola Biodiversidade

A Rede de Gobernos Locais+Biodiversidade agrupa aos Gobernos Locais españois comprometidos coa conservación e o fomento da biodiversidade, a protección do medio hídrivo, a restauración de espazos naturais degradados, a mellora da conectividade ecolóxica e a salvagarda dos ecosistemas.  Esta rede ten por obxecto a creación dun marco estable que impulse e promova, no conxunto dos Gobernos Locais españois, a adopción de políticas locais para a conservación e o uso sostible da biodiversidade e a conservación do patrimonio natural.

O Concello de Lugo aprobou a súa adhesión á Rede de Gobernos Locais+Biodiversidade en xullo de 2019.

Audio

  • A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre o "Humidal das Gándaras - O Ceao" | Descargar audio

Máis info

  • Panel informativo sobre "Humidal das Gándaras - O Ceao" | Descargar pdf

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....