El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+

Información
Lugo

A planificación do futuro Barrio Multiecolóxico de Lugo integrará o 92% das edificacións xa existentes na Garaballa

Información
10 Enero 2020 791 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A planificación do futuro Barrio Multiecolóxico de Lugo integrará o 92% das edificacións xa existentes na Garaballa

O Concello de Lugo busca que o futuro Barrio Multiecolóxico que se construirá en A Garaballa integre, na media do posible, as edificacións xa existentes nesta zona, agás aquelas que supoñan un gran impacto medioambiental, segundo sostivo a alcaldesa de Lugo durante a xuntanza que mantivo coa veciñanza co fin de informarlles das características deste novo espazo urbano, “que será pioneiro e referente en España na aplicación de medidas sostibles tanto no concepto de barrio, como na planificación urbanística e edificatoria”.

 

Para poder delimitar esta integración, a empresa que está a deseñar as bases da planificación do barrio, a UTE Avento-Proy, desenvolveu un estudo de cada unha das edificacións levantadas. Do mesmo, se conclúe que se poderán manter o 92% dos 268 inmobles existentes. Detectáronse 22 con alto impacto ambiental, dos que catro son vivendas fóra de ordenación, abandonadas e deshabitadas, e 18 son elementos auxiliares e que están construídos na súa maior parte con fibrocemento, material altamente contaminante, chapa, plásticos ou restos de obra.

A rexedora estivo acompañada na xuntanza polo edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, e representantes da UTE, co fin, non só de informar aos veciños e veciñas de como se configurará o novo barrio, senón tamén de escoitar as súas propostas e de dar resposta ás súas preguntas. “Este será un proxecto colaborativo, polo que queremos abrir un canal de contacto convosco para que poidades consultar dúbidas e presentar suxestións”, apuntou.

Lara Méndez comentou que “a aposta verde neste espazo urbano, que nós cualificamos como aldea urbana, permitirá unha mellor calidade de vida. A loita contra o cambio climático é un reto e unha oportunidade, e nós orientaremos o barrio para xerar unha contorna urbana equilibrada, habitable e sostible, e que permitirá que a veciñanza adquira novos hábitos de vida máis saudables. Na nosa proposta consideramos criterios económicos, pero tamén valores ambientais e sociais”, dixo.

“A mellora da calidade ambiental é non só unha convicción deste Goberno, é tamén una oportunidade de impulsar o sector forestal xa que a madeira será parte fundamental da estrutura dos edificios, ademais de desenvolver unha economía verde e circular a través do exemplo deste barrio”, aclarou a rexedora, que engadiu que “Lugo poderá e deberá enorgullecerse do baixo nivel de C02 que emitamos á atmosfera porque significará que estamos dando grandes pasos para deixar un mundo mellor aos nosos fillos”.

O novo barrio, que se desenvolverá en dous sectores da Garaballa, busca garantir a inclusión e a equidade social e interxeracional, así como promover a saúde e o benestar mediante o desenvolvemento dunha aldea urbana que proporcione á veciñanza un abano amplo de usos no barrio: vivenda, transporte, instalacións e servizos recreativos e comunitarios, espazos públicos e pequenos comercios.

Na planificación do barrio respectarase a vexetación existente, da que a empresa tamén desenvolveu un estudo, crearanse bosques urbanos e as zonas verdes e espazos libres serán cinco veces superiores en superficie á que establece o PXOM, e á destinada a equipamentos duplicará o previsto no Plan Xeral.

Durante a xuntanza, explicáronse algunhas das solucións que se prevén desenvolver e que van dende a recollida de auga de choiva para a súa reutilización, por exemplo no rego das zonas verdes, ata a implantación dun sistema propio de compostaxe da fracción orgánica do lixo. No deseño das edificacións esixirase a inclusión de criterios bioclimáticos e de eficiencia enerxética, e contará con medidas para a xeración de enerxía renovable, o fomento da mobilidade sostible, o uso de materiais e tecnoloxías limpas e o aforro enerxético, orientando os viais, zonas verdes ou inmobles para aproveitar o sol e os ventos dominantes.

A reunión enmárcase no proceso no que está inmerso o proxecto do barrio, o de deseñar - por parte da UTE Avento-Proy - as bases dos plans de actuación da zona, que logo serán desenvolvidos pola iniciativa privada.

Neste proxecto cofinanciado pola Unión Europea, o Concello de Lugo está acompañado da Deputación de Lugo e tamén conta co labor de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade Politécnica de Madrid.

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....