Información
Lugo

Nos oito meses de execución do orzamento do 2018 desde a súa entrada en vigor, o goberno de Lara Méndez executou o 96% dos proxectos con gasto comprometido

Información
11 Noviembre 2019 162 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Nos oito meses de execución do orzamento do 2018 desde a súa entrada en vigor, o goberno de Lara Méndez executou o 96% dos proxectos con gasto comprometido

“Son unhas contas saneadas, cun balance positivo e un Concello solvente”. Deste xeito resumiu a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Conta Xeral de 2018. “Falamos de datos contables, de cifras e porcentaxes obxectivas que reflicten unha situación de suficiencia financeira da administración local como así certifican tamén os indicadores económicos que se extraen delas”.

A rexedora da cidade comparecía esta mañá xunto a concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, para trasladar as conclusións máis relevantes da contabilidade municipal durante o pasado exercicio.

 

“Unha delas é que se comprometeu case o 70% (68’64%) do orzamento total habilitado para ese ano (108.575.528’59€) e iso, a pesares de entrar en vigor en abril despois de pór o meu cargo a disposición da Corporación cunha cuestión de confianza para solventar o bloqueo político que impedía a aprobación dos orzamentos, que a oposición non apoiou”. “Esta circunstancia mingou o tempo efectivo de execución das partidas, o que debe levar a unha reflexión sobre as responsabilidade de cada quen”, lembrou Lara Méndez.

Cero débedas e un superávit de 246’71 euros por habitante

“Por outra banda, temos que subliñar que o Concello de Lugo continúa con débeda cero, obxectivo que acadamos en 2017 tendo en conta que partimos de 43,5 millóns de débeda que nos deixou o PP e que reducimos os gobernos socialistas . É dicir, nestes momentos non temos ningún préstamo pendente con entidades bancarias pero ademais gozamos de liquidez económica dabondo, de maneira que os ingresos que percibimos alcanzan para sufragar os gastos que atendemos, o que apunta á nosa autonomía e nos permite incluso manter un superávit por habitante de 246’71 euros”, indicou a alcaldesa.

Nese mesmo senso, Lara Méndez achegou outras variables patrimoniais nas que a institución goza de gran credibilidade como é a solvencia a curto prazo, que se sitúa no 378’51% ou a liquidez inmediata, calculada no 168’51%.

“O que se traduce, entre outras cuestións, en que o período medio de pago a provedores – ou sexa, o intervalo dende que se aproba a factura ata que se abona – se mantivera, en 2018, nunha media de 26’33 días e que, neste intre, baixara até os 15’8 días”, referiu a rexedora.

A recadación tributaria axustouse nun 91’7% á súa estimación inicial

En canto aos ingresos que percibe a administración local, a edil de Economía explicou que a previsión da recadación tributaria que se estimou axustouse nun 91’7% aos ingresos obtidos, arroxando un total de 86.057.002’28€ en dereitos recoñecidos.

“Destes, só o 17% quedou pendente de cobro a 31 de decembro, na súa maioría cantidades provintes de subvencións doutras entidades como o Fondo Complementario de Financiación (do que restaban 1.389.600’69€), así como unha pequena parte da participación en tributos da Comunidade Autónoma ou do pagamento de recibos como, por exemplo, o da auga vencellada ás datas de emisión do padrón correspondente”, abondou Paula Alvarellos.

Precisamente, en canto ás taxas municipais, a edil facilitaba as cantidades dos impostos máis cuantiosos para as arcas locais como pode ser o IBI (19.638.858’41€), a Rodaxe (4.779.926’87) ou o IAE (3.346.703’45€) e tamén as máis simbólicas que foron os gravames dos quioscos e venda de publicacións, que supuxeron 146’99€ e 364€, respectivamente.

Tamén en 2018, o Concello recibiu 7.049.443’12€ en subvencións, as máis destacadas, procedentes do Fondo de Cooperación Local (2.846.847’60€), as aportacións do Feder (400.175’80€), a achega do Igape para a rede de Biomasa instalada en Frigsa (571.945’74€) así como a procedente do Fondo Complementario de Financiación (736.047€) e, pola súa banda, o Concello outourgou axudas por valor de 4.674.650’36 € no ámbito do asociacionismo, os Servizos Sociais, a cultura e o deporte, entre outros.

No pasado exercicio executouse máis do 95% dos proxectos con gasto comprometido

“Pero se cadra, un dos datos máis significativos para este equipo de goberno é o do gasto por habitante que este Concello fixo en 2018 – manifestou a alcaldesa. E nesta cuestión sí me gustaría facer unha puntualización importante. O máis sinxelo, entendemos que por un descoñecemento absoluto de quen así o traslada, é asimilar esta cantidade ao termo que figura como inversión. Porque así foi como ocurriu hai algunhas semanas cando se dixo que esa cifra era de 38’68 euros por persoa. Non é verdade. Neses 38’68€ só se inclúe a parte que lle correspondería a cada veciña ou veciño das obras e infraestruturas que se construíron ese ano, e que non foron poucas”.

Só por lembrar algunhas Lara Méndez mencionou o ascensor de Fontiñas e as melloras da accesibilidade en San Roque, os estacionamentos disuasorios e o aparcadoiro do Hula, a eliminación do tapón urbanístico da Avenida da Coruña, a peonalización da Praza da Milagrosa, a reurbanización de Torre de Doncos, a pavimentación de varias rúas no polígono do Ceao así como doutras moitas estradas do municipio, o repintado de aulas nos centros educativos, ou o cambio de céspede nos campos de fútbol da Cheda e en Frigsa, así como o pago de diversas expropiacións etc, etc…

“Proxectos que, por certo, sumaron un total de 31.118.830 euros de gasto comprometido e que se efectivizaron nun 95’84%”, engadiu.

“E cómpre lembrar, ademais, que, tal como se sinalou anteriormente, debido a que non dispuxemos dun ano completo para poder executar toda a partida prevista en investimentos, o pasado outubro fixemos unha incorporación de dez millóns de euros de remanente, procedentes desta Conta Xeral, para financiar obras e dotacións incluídas no proxecto de Orzamentos que presentamos en 2018, que se materializarán agora como é a humanización de Quiroga Ballesteros ou o repintado da sinalización horizontal, esto último – xa podemos anunciar – que irá á Xunta de Goberno Local desta semana”, adiantou a alcaldesa.

“Sen embargo, cando falamos do que este Concello investiu en cada lucense, incluíndo os servizos que se prestan, o importe ascende a case 700 euros por habitante. Un 1.764% máis do que algún quixo facer ver”.

Só en políticas de Servizos Sociais o Concello destinou en 2018 máis de 10.000.000 de euros

Así, a rexedora debullou que, durante 2018, se gastaron 7.659.250’76 euros en seguridade cidadá; 3.097.843’06 no abastecemento domiciliario de auga potable; 8.876.760’34€ entre a recollida de residuos (6.254.208’98 €) e o seu tratamento (2.622.551’36€); 2.858.806’72€ en iluminación pública urbana ou 1.522.654’20€ en parques e xardíns.

“Só ás políticas de Servizos Sociais destinamos o pasado exercicio 10.360.497’43€, dos que 4.441.569’02€ foron para o funcionamento dos sete centros de convivencia, 2.815.144’83€ para a prestación da axuda no fogar, 213.662’92€ para emerxencia social, 605.990’94€ para promoción e reinserción social e 533.917’66€ para Muller, o que pode dar unha idea de cales son as prioridades que ten marcadas este executivo”, afirmou Lara Méndez.

Entre as partidas con maior consignación a rexedora incluíu a promoción do Emprego, á que se dedicaron 1.769.737’86 euros; 1.037.518’11 á cultura; 522.729’90 á Banda e Escola de Música; 1.904.852’12 ao fomento do deporte e 998.089’38€ a administración xeral de educación ou 544.655’13 para a zona rural.

“Estes son só algúns dos capítulos dunha Conta Xeral que, como dicía ao principio, sen desatender as necesidades e demandas da veciñanza, vén a corroborar a sostibilidade financeira do Concello de Lugo e, como a propia definición indica, demostra unha gran vocación de preservar, en equilibrio, o futuro económico desta administración”, concluíu Lara Méndez.

Audio

  • A alcadesa Lara Méndez, sobre o gasto por habitante | Descargar mp3
  • A edil Paula Alvarellos, sobre a recadación tributaria | Descargar mp3

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+