Imprimir

FSF Castro e Vilalba FS proclamáronse campións da Copa Deputación de Fútbol Sala

Información
Lugo | 06 Noviembre 2019 | 940 Votos
O deputado de Deportes, Efrén Castro, entregou os premios aos equipos campións tras unha intensa xornada de fútbol en Sarria

FSF Castro, na categoría feminina, e Valdesuso Peugeot Vilalba FS, na masculina,  proclamáronse este venres campións da Copa Deputación de Fútbol Sala tras a disputa da Fase Final do torneo en Sarria.

 

O deputado de Deportes, Efrén Castro, entregou os trofeos ás campioas e campións do torneo que se disputou ao longo da xornada no Pavillón de Sarria e no Pavillón José M. González O Chanto, con catro equipos femininos e catro masculinos en liza e unhas gradas ateigadas de público.

O partido máis vibrante da xornada foi a final feminina, un encontro de rivalidade comarcal entre Vilalba FS e FSF Castro que se resolveu na prórroga (2-3) tras o 2-2 ao final do tempo regulamentario.

Indicamos os resultados dos encontros:

Semifinais masculinas
CD Lugo Sala - Concello de Begonte FS   4-4  (clasificado Concello de Begonte FS nos penaltis)
SD Xove FS - Valdesuso Peugeot Vilalba FS    2-3

Final masculina
Concello de Begonte FS - Valdesuso Peugeot Vilalba FS    1-4

Semifinais femininas
Vilalba FS – Lieders Futsal    1-0
FSF Castro – Pizzería Bahía Monterroso FSF   8-0

Final feminina
FSF Castro - Vilalba FS  2-3

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Lugo
Visto: 940