Información
Lugo

Lara Méndez propón homenaxear aos alcaldes lucenses da etapa democrática coa Medalla de Ouro do Concello de Lugo

Información
26 Octubre 2019 218 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, convocaba esta mañá unha Xunta de Portavoces extraordinaria para propoñer ao resto dos grupos da Corporación o recoñecemento aos alcaldes da democracia que tivo o Concello outorgándolles a Medalla de Ouro da Cidade.

 

“Este ano no que celebramos o 40 aniversario da chegada da Democracia ao noso país, o Pleno do Concello de Lugo quere recoñecer a labor dos alcaldes que estiveron ao fronte do Consistorio desde que en abril de 1979 os votos das e dos lucenses impulsaron unha nova etapa de apertura, liberdade e modernización, unha nova etapa de esperanza tras preto de corenta anos de ditadura franquista”, enxalzou Lara Méndez.

Deste xeito, a rexedora solicitará no próximo Pleno a adopción do acordo de conceder a Medalla de Ouro da Cidade aos alcaldes Xosé Novo Freire, Vicente Quiroga Rodríguez, Tomás Notario Vacas, Joaquín María García Díez e Xosé Clemente López Orozco. A proposta foi aceptada por unanimidade xa na Xunta de Portavoces.

“O paso de cada un destes representantes lexítimos do pobo de Lugo pola Casa do Concello axudou non só a consolidar o modelo e os principios democráticos instaurados senón que co seu compromiso político e persoal impulsaron a transformación do noso municipio”, engadiu Lara Méndez-

“Se a rúa entrou nas institucións a través das primeiras corporacións locais, o traballo e esforzo dos distintos alcaldes e equipos de Goberno contribuíu a mellorar a nosa realidade socioeconómica e a configurar o Lugo de progreso que hoxe coñecemos, marcado pola concordia e a convivencia. Por iso cremos necesario lembrar que o recoñecemento dos Gobernos Locais como parte da organización democrática, en pé de igualdade coas Comunidades Autónomas, é o punto de partida dun dereito, o da autonomía local, que a propia Constitución garante de maneira expresa no artigo 140 ao dicir que a Constitución garante a autonomía dos municipios, referiu Lara Méndez.

A alcaldesa lembrou que a Medalla de Ouro de Lugo é a máxima distinción que o Concello outorga aos seus cidadáns, por iso, o regulamento da súa concesión fixa que deben recaer  en “persoas que teñen atribuídos méritos verdadeiramente extraordinarios”, o que así se pode considerar na figura dos alcaldes da Democracia xa que o deseño do Lugo que hoxe vivimos e gozamos levan o selo dos seus mandatos desde a máxima responsabilidade, a tolerancia, o compromiso, o benestar e o progreso”.

Audio

  • Lara Méndez, sobre as "Medallas de Ouro" do Concello de Lugo | Descargar mp3

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+