Información
Lugo

Lara Méndez forma parte do Consello Territorial da FEMP

Información
22 Septiembre 2019 618 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, formará parte do Consello Territorial da Federación
Española de Municipios e Provincias (FEMP), que hoxe celebrou en IFEMA (Madrid) a súa XII
edición plenaria para renovar os órganos de goberno da entidade despois das eleccións
municipais, e onde se marcaron as liñas de acción do municipalismo deste novo mandato.

 

O Consello Territorial é o órgano de máxima autoridade durante o período de catro anos que
transcorre entre a celebración dos Plenos ordinarios.

Na xornada, na que se acreditaron máis de 5.400 entidades locais de toda España, aprobáronse
unhas 300 propostas de resolución e acordouse a reivindicación, que a alcaldesa de Lugo leva
tempo tamén solicitando, dun novo modelo de financiamento local que de maior autonomía aos
concellos e unha normativa que lles permita maior flexibilidade na xestión dos seus recursos e a posibilidade de gastar os seus remanentes nos seus propios municipios, que no caso de Lugo
ascenden a máis de 20 millóns despois da última modificación de crédito.

Os concellos teñen 40.000 millóns de euros de remanentes. Outro dos datos importantes, que
destacou o presidente da FEMP, Abel Caballero, é que un 63% dos recursos dos concellos
proceden de ingresos municipais. Ante isto, Lara Méndez sostén que “debemos esixir unha
maior autonomía de actuacións das administracións locais”.

Tamén acordouse instar a que as transferencias de competencias aos gobernos locais por parte
das comunidades autónomas vaian sempre acompañadas de dotación de financiamento.

Na apertura do Pleno participou o Ministro de Agricultura, Pesca, Alimentación e Política
Territorial, Luis Planas, o presidente da FEMP, Abel Caballero, que revalida no cargo, e o
Alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, entre outras autoridades.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+