Información
Lugo

Lara Méndez e Álvaro Santos inauguran o novo parque infantil na Praza de Bretaña, que se suma ás 73 áreas de xogo actuais

Información
02 Septiembre 2019 393 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Lara Méndez e Álvaro Santos inauguran o novo parque infantil na Praza de Bretaña, que se suma ás 73 áreas de xogo actuais

A alcaldesa, Lara Méndez, acompañada do conselleiro da área de Desenvolvemento Local Sostible, Alvaro Santos, inauguraron este luns o novo parque infantil na Praza de Bretaña, actuación incluída nos orzamentos de 2018 do plan de barrios.O Concello continúa así a sumar espazos para a convivencia dos veciños e veciñas, dende cativos a maiores. O parque súmase aos 73 parques infantís dispoñibles en Lugo.

 

A rexedora e o edil compartiron momentos cos numerosos nenos e nenas que se acercaron ata o parque infantil, onde, segundo sostivo Lara Méndez,  “buscamos conformar os lugares públicos como espazos comúns, máis funcionais e inclusivos, onde os nenos e nenas tamén poidan gozar e socializar entre eles” 

A veciñanza mostrouse encantada coa posta en servizo deste espazo dedicado os máis cativos. Méndez fixo fincapé na “ledicia que é escoitar as risas dos máis cativos e confío que dende hoxe sexa un novo punto de encontro para familias onde gozar de longas tardes cos máis pequenos da casa” .

O novo parque infantil na Praza de Bretaña, corresponde aos orzamentos de 2018 do Plan de Barrios e contou un orzamento de 75.641 euros (IVE incluído).

Os xogos desta área infantil son: pórtico de randeeira dobre con asento plano de goma e asento berce para bebés, xogo múltiple singular, torre multidisciplinar múltiple, tres peiraos representativos de figuras de animais, un peirao inclusivo representativo dun vehículo tracción mecánica, unha casiña de xogos, figuras xeométricas e un xogo tubo ou túnel baixo a montaña.

A zona contará, ademais, cun pavimento continuo de seguridade de amortiguación e un valado de madeira tratada, sen cantos vivos.

Audio

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....