El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+

Información
Lugo

Tomé presenta a composición do Goberno, planificado para ser “o máis útil posible á provincia”. No concello afirman que mais ven seus inetreses persoais.

Información
27 Julio 2019 331 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Presentación estrutura de goberno
Ademais das funcións propias do cargo, o Presidente asume a área de Xestión Territorial. “Quero implicarme directamente na xestión para impulsar e garantir o reequilibrio social e territorial, unha cuestión á que lle vou prestar total empeño e dedicación”, subliñou

“Somos un equipo sólido cunha longa experiencia na gobernanza pública e, sobre todo, con moita iniciativa e ganas de traballar pola provincia con honestidade, eficiencia, diálogo, transparencia e proximidade á cidadanía”, asegurou José Tomé
 
Ai tarta pública pra todos, pra que non proteste ningún:
 

O Presidente da Deputación, José Tomé, acompañado de deputadas e deputados do grupo provincial socialista, presentou este venres a composición do Goberno dos vindeiros catro anos, planificado, subliñou, “para ser o máis útil posible á provincia, a través dos Concellos e do tecido asociativo”. Así, a estructura e designación de áreas de actuación teñen como obxectivos fundamentais “responder coa máxima eficacia ás necesidades dos Concellos e dos veciños e veciñas e  impulsar o desenvolvemento da provincia a través do reequilibrio e a cohesión social e territorial”.

Tomé definiu ao grupo de deputados e deputadas socialistas como “un equipo sólido, cunha longa experiencia na gobernanza e xestión da administración pública na que acadamos resultados moi positivos nos nosos respectivos cometidos, e, sobre todo, temos moita iniciativa e ganas de traballar pola provincia con honestidade, eficiencia, diálogo, transparencia e proximidade á cidadanía”.

Ademais das funcións propias da Presidencia, como dirixir o Goberno e a Administración, representar á Deputación ou convocar e presidir os Plenos, entre moitas outras, José Tomé asume a área de Xestión Territorial, que inclúe as materias de Vías e Obras, Parque Móbil e Unidade de Proxectos. O Presidente tomou esta decisión, segundo explicou, porque, “ademais de coordinar e dirixir o Goberno, quero implicarme directamente na xestión para impulsar e garantir o reequilibrio social e territorial do que falaba. É unha cuestión á que lle vou prestar total empeño e dedicación, non só establecendo este obxectivo como directriz transversal en todo o Goberno, senón dirixindo a área de Xestión Territorial, tal e como fixen no pasado mandato no Concello de Monforte, e parece que deu bo resultado”.

As restantes áreas son as seguintes:

Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo. Pilar García Porto será a Deputada responsable, e tamén será, como xa anunciou o mércores o Presidente, a voceira socialista do Goberno. Despois de 8 anos asumindo distintas responsabilidades na Deputación, a deputada “coñece perfectamente esta casa e a súa xestión, ademais de ser técnico especialista en Hostalería e Turismo”, indicou José Tomé.

Área de Promoción Económica e Social. Estará ó cargo de Pablo Rivera Capón, “unha persoa que igualmente acumula xa unha dilatada experiencia de xestión tanto no ámbito privado como público, e nesta institución, en diversos eidos relacionados coa delegación que agora vai asumir”, sinalou o Presidente. Esta área leva aparelladas as materias de Proxectos Europeos, Innovación e TIC,s, Transparencia, Emprego e Benestar Social.

Área de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas. Desta competencia seguirase ocupando, como no último mandato, Mayra Gómez Bermúdez “pola súa formación académica”, explicou Tomé, “pola súa traxectoria, e porque as cousas cando van ben e funcionan, non hai que cambialas. Este é un exemplo”.  

Área de Participación Cidadá. O Presidente decidiu dedicarlle unha área específica a esta materia porque “lle queremos dar un protagonismo singularizado á comunicación directa coa veciñanza”. Dela ocuparase Roberto García Pernas, “unha persoa que polo seu perfil persoal e profesional creo que pode impulsar a participación da cidadanía e establecer así unha relación bidireccional Deputación-veciñanza, veciñanza-Deputación”, engadiu.

Área de Muller e Igualdade. Como recolle o pacto de goberno, explicou o Presidente, o impacto de xénero estará presente en todas as accións que se realicen dende a Deputación, pero ademais a igualdade terá unha área cun peso específico no Goberno, que dirixirá María Loureiro García, “unha persoa comprometida coa necesidade de concienciar e impulsar accións para avanzar cara a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, unha base fundamental para acabar coa lacra da violencia de xénero”.

Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos. O responsable deste eixo estratéxico da acción da Deputación será Xosé María Arias, “un moi bo coñecedor das necesidades dos Concellos pola súa dilatada traxectoria como Alcalde e tamén como Deputado provincial. Por iso saberá impulsar medidas que axuden aos Concellos a garantir a prestación integral e axeitada de servizos públicos ós veciños e veciñas”, indicou José Tomé.

- Área de Formación, Ensino e Economía do CoñecementoAna González Abelleira será a encargada de dirixir esta área. “Pola bagaxe de coñecemento na  administración municipal que lle proporcionou a súa xestión como Concelleira poderá contribuír á modernización e innovación da Deputación e dos concellos da provincia a través da formación continua e de calidade dos empregados públicos, así á educación pública de calidade e de excelencia, e á implementación da economía do coñecemento”, afirmou Tomé.

Área de Medio Ambiente. José Luis Raposo, explicou o Presidente, “unha persoa coñecidamente comprometida co desenvolvemento territorial, asume a tarefa de seguir promovendo que a inmensa riqueza medioambiental coa que contamos na provincia se converta en oportunidades económicas que xeren emprego e asenten poboación, ademais de velar pola protección e conservación dos espazos naturais propiedade da Deputación”.
   
Área de Recursos Sostibles. Roberto Fernández Rico estará á fronte desta área, centrada na xestión e impulso do Centro de Recría e a finca Gayoso Castro, e a finca do Pazo de Tor. Coa creación desta área, que non existía, argumentou José Tomé, “damos un tratamento singularizado a estes importantes recursos co fin de convertelos nun referente e nun elemento tractor para o sector primario de Lugo”.

Xunta de Goberno, Pleno e comisións informativas
Polo demais, o Presidente informou de que a Xunta de Goberno estará formada por 9 deputados. Ademais de pola súa persoa, integrarán este órgano: Tareixa Antía Ferreiro Tallón, Pilar García Porto, Pablo Rivera Capón, Mayra García Bermúdez, Roberto Fernández Rico, Xosé María Arias Fernández, José Luis Raposo Magdalena e Mónica Freire Rancaño.

Crearanse dúas Comisións Informativas, dentro do obxectivo de “simplificar o funcionamento da Corporación facéndoo máis efectivo e dinámico”, sinalou Tomé. Serán a Comisión Xeral de Asuntos do Pleno e a de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, que presidirá o Presidente e terán 3 integrantes do grupo provincial do PP, 3 do PSOE e 1 do BNG.

Por outra banda, mantéñense a periodicidade e a hora das sesións ordinarias do Pleno –os últimos martes de mes, ás 11:00h- e das Xuntas de Goberno -o venres de cada semana, ás 11.00h-.

Con respecto ás áreas que xestionará o BNG, o Presidente sinalou que serán os deputados nacionalistas os que darán conta da súa organización interna por respecto á autonomía de xestión de cada grupo que conforma o Goberno. As competencias que asumen son: Deportes, Artesanía e Deseño, Memoria Histórica, Medio Rural, Mar, Mocidade, Cultura, Patrimonio Histórico e Normalización Lingüística.

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....