Información
Lugo

O Cemiterio Municipal de San Froilán con seus mortos e vivos se convirte nunha atracción turística virtual

Información
15 Junio 2019 977 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O Cemiterio Municipal de San Froilán ofrece un tour virtual polas súas instalacións

O Cemiterio Municipal de San Froilán ofrece dende hoxe un tour virtual polas súas instalacións. Así o vén de dar a coñecer a Concelleira de Concello e Cidadanía en funcións, Rosana Rielo, quen enmarcou esta nova acción de difusión do camposanto na estratexia do Concello de potencialo como recurso patrimonial, histórico e turístico.

 

Trátase dunha forma novidosa de coñecer o Cemiterio Municipal, de xeito cómodo, sólo a un click, onde se poderán atopar, cunha mimada e coidade imaxe, a través dos ollos de Álvaro Barreiro, os distintos monumentos do camposanto, persoeiros destacados, ou incluso a propia capela, entre outros.

Concretamente, o tour virtual conta con 79 fotografías panorámicas 360º, con 291 marcadores puntuais, 47 imaxes que son puntos de interese, 11 documentos explicativos e 2 galerías de fotos do Mauselo da familia Ventosinos e do Panteón de García Abad.

As persoas interesadas en realizar este tour polo cemiterio, que atesoura os premios de Mellor Monumento Arquitectónico de Cemiterios de España e o de Mellor Actividade de Portas Abertas de Cemiterios de España, poden acceder a través da web cemiterio.lugo.gal. O  Cemiterio de San Froilán forma parte tamén da Rede de Cemiterios Patrimonias, a Asociación Europea de Cemiterios, está na Ruta dos Cemiterios Españoles e Europeos, e na Asociación de Entidades Municipais de Cemiterios.

Audio

  • A edil Rosana Rielo, sobre a visita virtual ao Cemiterio de San Froilán | Descargar mp3

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....