Información
Lugo

Correlingua reúne a 1.200 alumnos de 20 centros da provincia

Información
09 Mayo 2019 166 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Correlingua 2019
Este mércores, celebráronse os actos dunha nova edición do Correlingua, baixo o lema O galego é a fórmula, o evento reuniu a estudantes de colexios e institutos da provincia co fin de promover o uso do galego

Santos Ramos sinalou que “apoiamos estas iniciativas que fomentan o uso e o apoio ao galego. É un pracer ver a tanta xente nova que se implica na defensa da nosa lingua, e ao mesmo tempo das nosas tradicións e da nosa cultura”

O Correlingua é unha actividade escolar que durou todo o curso. Iniciouse no primeiro trimestre coa convocatoria dos concursos nos que o alumnado reflexionou sobre a situación do noso idioma e creou os seus propios manifestos, vídeos, entre outros
Otros articulos relacionados.....