Información
Lugo

O PM Friol CD Lugo será homenaxeado antes do #LugoGranada

Información
20 Abril 2019 563 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O PM Friol CD Lugo ven de facer historia na primeira temporada de convenio de filialidade co CD Lugo. O sábado antes do comezo do #LugoGranada, os xogadores de ambos conxuntos, homenaxearán as nosas guerreiras en recoñocemento obxectivos logrados.

 

As rapazas dirixidas por Josito Jul aseguraron a semana pasada a terceira praza no Grupo I da Segunda Femenina, que lles daría o dereito de disputar a Primeira B o vindeiro curso. Unha vez alcanzada esa posición, esta fin de semana recibirán unha dobre homenaxe. A primeira antes do encontro de LaLiga 1|2|3 e a segunda no partido que disputarán o domingo, ás 12.00, fronte ao Atlántida Matamá no Anxo Carro. Un choque ao que poderán acceder todos os afeccionados que mercaron un dos packs de dúas entradas por cinco euros para o #LugoGranada.

Nos prolegómenos do encontro do sábado gardarase tamén un respetuoso minuto de silencio en memoria do pai do noso capitán Iriome González. 

Otros articulos relacionados.....