Información
Localidades de Galicia

Ourense en Común interporá recurso de reposición para frear o pelotazo urbanístico do PP

Información
09 Abril 2019 585 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
As conclusións da Intervención respaldan o informe da Secretaría Municipal, que tamén indi-ca que “só o pleno ten a potestade para aprobar o Plan”.
• Ourense en Común solicitou reiteradamente neste mandato unha nova exposición pública do plan, por existir cambios substanciais.
• Jesús Cudeiro desobedecerá as recomendacións dos técnicos para buscar a aprobación do PXOM en solitario polo PP.
• Ourense en Común buscará frear na vía administrativa o pelotazo, advertindo que chegará ata o contencioso se é necesario.

   Na mañá de hoxe foi entregado o informe da intervención municipal sobre a proposta do goberno municipal de aprobar o PXOM en Xunta de Goberno Local e sen pasar polo pleno. Tal e como Ourense en Común adiantaba hai dúas semanas en rolda de prensa, este informe da intervención municipal “fiscaliza de desconformidade” a proposta de resolución provisional do PXOM, por “acoller na súa redacción modificacións de carácter substancial con respecto á aprobación inicial”.

      O informe emitido polo interventor apunta á introdución de numerosas modificacións, tanto cualitativas como cuantitativas, que van “máis alá de meros aspectos puntuais, e inciden na altura das edificacións, os aproveitamentos urbanísticos, incrementan o solo urbanizable,  aumentan a edificabilidade, e cambian os parámetros do propio planeamento, repercutindo nas ordenanzas de solos urbanos, rurais e urbanizables, nos Peri´s e plans especiais, nos criterios de clasificación do solo e no catálogo”;  cuestións que para Ourense en Común “evidencian que o plan foi alterado e que necesita ser exposto ao público de novo”.

    Martiño X. Vázquez, voceiro do grupo e candidato á alcaldía por Ourense en Común, advertía hoxe da “enorme irresponsabilidade” de Jesús Vázquez Abad ao non atender as recomendacións dos técnicos de maior responsabilidade dentro do Concello como son a secretaría do pleno e o interventor municipal. E avisa de que OUeC interporá recurso de reposición “perante a intención suicida do PP de aprobar en solitario o PXOM en Xunta de Goberno Local. Chegaremos ata o final, ao contencioso se é necesario, e faremos todos os esforzos para parar un novo pelotazo daqueles que por afán especulador xa levaron o plan anterior á anulación, e secaron as Burgas en 2005", conclúe.