Información
Localidades de Galicia

O Concello de Nigrán non poderá adherirse ao 'Pacto de Alcaldes Polo Clima e a Enerxía' ao rexeitalo Nigrán Decide, PP e UCN

Información
23 Marzo 2019 233 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O goberno pretendía achegar ao vindeiro pleno unha moción para unirse ao maior movimiento mundial de autoridades para loitar contra o cambio climático

Nigrán, 22/03/19.- O Concello de Nigrán non poderá adherirse ao 'Pacto de Alcaldes polo clima e a enerxía' tras rexeitalo Nigrán Decide, PP e UCN na comisión de Asuntos Xerais celebrada o xoves. A moción do goberno, que sí obtivo o voto favorable do BNG, debía ser aprobada polo Pleno para que así o Concello se puidese integrar no maior movemento mundial de autoridades para a loita contra o cambio climático, asumindo deste xeito os compromisos da Unión Europea en materia de clima e enerxía para o ano 2030.

 

"É inconcebible non entrar a formar parte deste pacto europeo nun Concello que é precisamente o primeiro de Galicia en contar cunha electroliñeira pública e gratuíta, que bonifica aos vehículos eficientes ou que renova o seu parque móbil con coches 100% eléctricos", reflexiona o alcalde, Juan González, quen incide que, pese a esta traba, seguerá a traballar na mesma liña.

O Pacto foi lanzado en Europa no ano 2008 e reúne xa a case 8.000 autoridades locais pertencentes a 57 países de todo o mundo, está coordinado en Galicia pola Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Ademais, coa adhesión ao Pacto, o Concello de Nigrán contribuiría á consecución da Axenda 2030, un chamamento universal desenvolvido polas Nación Unidas para acadar un mundo máis xusto e sustentable. Esta folla de ruta concrétase en 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, e mediante esta iniciativa se poñen en práctica de xeito máis directo o ODS 13 Acción polo Clima e o ODS 17 Alianzas para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Sen embargo, con este rexeitamento de levalo a Pleno, o Concello non poderá recibir asesoramento personalizado e técnico para elaborar un Plan de Acción.

Este plan inclúe medidas para o freo do cambio climático, consistentes na reducción de consumos enerxéticos e a substitución de enerxías fósiles por renovables, reducindo así a pegada de carbono do municipio. Estas medidas aplicaranse sobre edificios, instalacións, equipamentos e o transporte, tanto público como privado, e nos ciclos de tratamento de aguas residuais e dos residuos sólidos urbanos.

Ademáis, o Plan de Acción implica o deseño de medidas de adaptación ao cambio climático, preparando así ao concello de Nigrán para facer fronte aos riscos e vulnerabilidades aparellados a este proceso. O concello ten un prazo de dous anos, contado a partir da data do acordo municipal de adhesión ao Pacto, para aprobar este Plan de Acción. Despóis, cada dous anos, terá que dar conta dos seus avances na procura dos obxectivos previstos para o 2030.

Para acompañar tanto a elaboración do Plan de Acción como da súa implementación, o concello contará co apoio da oficina técnica do Pacto dos Alcaldes, posta a disposición dos 313 concellos galegos pola Direccion Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Esta oficina, a través do Centro de Asistencia aos Concellos e do Observatorio de Fondos e Convocatorias, realizará un asesoramento personalizado ao Concello de Nigrán, tanto na elaboración do Plan de Acción como na súa implementación.