Información
Localidades de Galicia

Empresas europeas visitarán este verán Baixo Miño e norte de Portugal para establecer futuras relacións comerciais

Información
15 Marzo 2019 553 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Percorrerán instalacións de diferentes empresas e celebrarán reunións de traballo profesionais. Aínda está pendente pechar a data definitiva da Misión, que será en xuño ou setembroPercorrerán instalacións de diferentes empresas e celebrarán reunións de traballo profesionais. Aínda está pendente pechar a data definitiva da Misión, que será en xuño ou setembroTomiño, 15 de marzo de 2019.-

Contribuír ao posicionamento do sector agro de Baixo Miño e do norte de Portugal “dando a coñecer de primeira man a potenciais clientes e compradores os produtos e servizos agrarios da comarca”, buscando de forma proactiva e achegando á zona novas oportunidades de negocio. Ese é o obxectivo fundamental da primeira Misión Comercial Inversa que se celebrará na contorna, presentada na xornada inaugural da 16ª Mostra de Cultivos, que estará aberta ao público  profesional e xeral no pavillón de Goián dende este venres 15 ata o vindeiro domingo 17 de marzo. “Queremos animar a participar a todas as empresas da contorna porque é un mecanismo realmente eficiente para chegar a novos mercados”, salientan dende a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam).En xuño ou setembro, con data a determinar nos vindeiros días, diferentes empresas europeas de toda a cadea do sector agro visitarán o territorio non soamente para coñecer a calidade dos produtos e servizos, senón que ademais de manter reunións para formalizar acordos comerciais percorrerán a comarca e realizarán distintas actividades coas que poderán comprobar in situ esas características singulares do territorio que lle confiren un valor extra aos produtos da contorna. Todo a través de “actividades conxuntas entre todas as entidades participantes para acadar un fortalecemento comercial estable”. O achegamento a estas empresas europeas permitirá ademais entrar en contacto directo cunha gran gama de compradores profesionais e identificar fortalezas e debilidades do sector para competir en mercados internacionais. Esta Misión Comercial Inversa, organizada en colaboración entre a acuBam e a Eurocidade Cerveira-Tomiño, realízase no marco do proxecto ‘Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño’ para o desenvolvemento sostible do territorio e a dinamización da economía local transfronteiriza. É un proxecto co-financiado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE. Xunto con acuBam, actuarán como aglutinadores sectoriais para facilitar a misión a Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais (APPPFN) e a Associação para o Desenvolvimento Local, Rural, Agrícola, Florestal e Ambiental (ARA-Cerveira). “Galicia e Portugal temos idiomas diferentes pero entendémosnos perfectamente ben. E esa é unha particularidade que soamente se dá nesta zona e que aínda non estamos aproveitando”, subliñaron durante a presentación.Bolsa de emprego agraria transfronterizaNesta aposta por darlle un pulo aínda maior á internacionalización e pola profesionalización do sector abordandoa dun xeito transfronteirizo, a Mostra de Cultivos do Baixo Miño comezou a súa décimo sexta edición coa primeira programación que conta con contido específico transfronteirizo e que tivo como acción principal co workshop ‘Oportunidades de formación e emprego no agro’, organizado por acuBam e o Concello de Tomiño en estreita colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño. Unha mesa de debate na que participaron empresas, administracións e organizacións relacionadas con esta actividade económica e empresarial; centros educativos de Galicia e do norte de Portugal e representantes de acuBam, da Associação para o Desenvolvimento Local, Rural, Agrícola, Florestal e Ambiental de Cerveira e Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais para facer unha diagnose das necesidades formativas do sector e para informar ás empresas das modalidades formativas xa existentes a ambas beiras do río Miño, promovendo fórmulas para unha relación estable entre empresas e docentes. “Puxéronse enriba da mesa as dificultades ás que se enfronta o sector, tendencias e problemas de fondo que precisan dunha transformación da propia sociedade e que é necesario ter presentes para poder revertelos”, aseguraron dende a Eurocidade Cerveira-Tomiño.Entre as medidas xa adoptadas figuran a primeira bolsa profesional de emprego do sector agrario transfronteirizo, posta en marcha por acuBam co obxectivo de contar cunha base de datos profesional cribada e actualizada que permita ás empresas encontrar con maior facilidade perfís profesionais vencellados ao agro e, á vez, facilitar o desenvolvemento dunha carreira profesional no sector na contorna. Unha ferramenta que servirá ademais de “plataforma que sirva ás empresas para publicar as súas ofertas de emprego”.As persoas interesadas poderán levar o seu currículum ata o domingo 17 de marzo á Mostra ou envialo a través de correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou a través do apartado disposto na propia web de acuBam. Esta bolsa de emprego complementarase con formación a través de cursos ou prácticas en empresas.